O operativo de tráfico especial para a Batalla de Flores contempla o peche de varias rúas e ofrece roteiros alternativos 

119

Co gallo da celebración da Batalla de Flores deste venres, 18 de ahosto, a Policía Local de Pontevedra procederá ao corte de tráfico rodado nas rúas Xosé Malvar (tramo rotonda Valdecorvos  e  Loureiro Crespo), Benito Corbal, Cobián Roffignac e Padre Amoedo.

Os horarios para estes cortes, máis polo miúdo, son os seguintes:

  • Dende as 16.30 horas, aproximadamente, procederase ao corte de tráfico da rúa Xosé Malvar  (tramo entre Rotonda Valdecorvos e Loureiro Crespo. Lugar de concentración das carrozas participantes na Batalla de flores)
  • Sobre as 18.30 horas (aprox.) procederase ao corte total do tráfico nas rúas comprendidas dentro do percorrido e as adxacentes. (tanto os cortes de tráfico como á apertura farase progresivamente)

Alén deste corte, tamén se establecen restricións para os estacionamentos:

  • A partir das 08.00 horas prohíbese o estacionamento nas rúas: Xosé Malvar (tramo Rotonda Valdecorvos  – Loureiro Crespo)
  • A partir das 14.00 horas prohíbese o estacionamento na rúa  Doutor Loureiro Crespo e Benito Corbal
  • A partir das 16.30 horas prohíbese o estacionamento en Cobian Roffignac e Padre Amoedo 

Rutas e vías recomendadas para a circulación:

  • Tráfico procedente de rúa Avenida de Lugo cara centro cidade recomendase por Virxinia Pereira, San Mauro ou Ernesto Caballero cara a Valdecorvos
  • O tráfico procedente de Ponte dos Tirantes cara a Xosé Malvar será desviado por a urbanización Valdecorvos. 
  • O tráfico procedente de Eduardo Pondal cara a Doce de Novembro, será desviado por Xoaquin Costa
  • Pecharase ao tráfico todas a rúas adxacentes de Loureiro Crespo; Benito Corbal e Cobian Roffignac
  • Aconséllase a utilización da AP-9 como alternativa ao tráfico de entrada e saída da cidade

A apertura do tráfico será realizada unha vez remata a Cabalgata e á limpeza das rúas polos servizos municipais. 

A Policía Local de Pontevedra solicita a colaboración cidadá para que non se estacione no percorrido da Cabalgata e que presten especial atención a sinalización vertical circunstancial que modifica o réxime normal de utilización da vía. Os vehículos que estacionen con posteridade a colocación do valado serán denunciados e o vehículo trasladados polo guindastre municipal ( o que supón unha contía total de 315 euros).