O Concello analiza posíbeis melloras e actualizacións parao mercadillo de antigüidades da rúa Serra 

50
A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, mantivo unha reunión con representantes dos vendedores da actividade que os domingos pola mañá ocupa a contorna do Mercado
O obxectivo non é outro que valorar a situación actual do mercadillo e traballar na súa mellora, enmarcando este feito baixo o paraugas do ‘Plan Mercado’ presentado a semana pasada 

A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, mantivo esta mañá de luns, 7 de agosto, un encontro con representantes dos vendedores do mercadillo de antigüidades que os domingos se instala na rúa Serra co fin de valorar a súa situación actual e traballar na mellora desta actividade, dentro do marco do ‘Plan Mercado’ presentado a semana pasada.

A primeira das cuestións analizadas xirou ao redor da apertura dunha canle de comunicación permanente para dotar a este mercadillo dunha identidade de seu que incremente visitas e vendas durante a súa celebración.

Gulías valorou esta xuntanza «como unha primeira toma de contacto moi positiva» na que foron postos sobre a tema diversos asuntos e que terá continuidade no futuro próximo de cara a seguir traballando na posta en valor do mercadillo e da contorna.