A concelleira de Deportes, Anabel Gulías, recibe aos padexeiros do Club Río Verdugo trala súa participación no campionato de España 

77

A concelleira de Deportes, Anabel Gulías, recibiu esta mañá aos padexeiros do Club Río Verdugo  Pontesampaio que participaron no LIV Campeonato de España de Jóvenes Promesas Infantil y Cadete que reuniu en Trasona a más dun milleiro de deportistas chegados de todo o Estado.

O club pontevedrés logrou uns resultados espléndidos, ao chegar a todas as finais A posíbeis, xa fosen K1, K2 ou K4. No caso desta última modalidade, Juan Canosa, Manuel Gómez, Quique Lara e Breixo Pazos lograron facerse co metal dourado.

A edil ofreceulles os parabéns de parte do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, en representación de toda a cidade de Pontevedra, felicitándóos polo traballo feito e animándoos a continuar polo camiño da constancia e o deporte.