Máis de 20 empresas presentan oferta para canalizar as augas pluviais e residuais do novo hospital Montecelo

41

O prezo de licitación para realizar a obra supera os 800.000 euros e sitúa en máis de 15 millóns os investimentos realizados polo Concello para que o novo edificio hospitalario sexa unha realidade.

A Mesa de contratación urxiu o procedemento seguindo as instrucións do alcalde. 

O elevado número de ofertas apunta a unha recuperación do sector e á solvencias das arcas municipais. 

O Concello de Pontevedra continúa co investimento millonario para dotar de infraestruturas e servizos ao novo Hospital Montecelo. Nesta ocasión trátase da rede de evacuación de augas residuais e pluviais do novo edificio, un proxecto elaborado e financiado integramente por Pontevedra e que conta cun orzamento de licitación de 801.646,03 euros

Este novo investimento foi anunciado e urxido polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores na súa comparecencia do pasado 7 de xullo na que aseguraba que era necesario ampliar a rede ante o volume de edificación proxectada, e a ser posible realizalo antes da chegada do inverno “para evitar pequenas inundacións”.

Con estes 800.000 euros o Concello xa supera os 15,6 millóns de euros investidos para que o novo Montecelo sexa unha realidade.

Ante a decisión do alcalde, a Mesa de contratación do Concello acelerou os trámites e este pasado venres xa abría as ofertas económicas das 21 empresas que se presentaron a esta licitación pública. Co número de propostas presentadas cabe resaltar, que despois da Covid e a pesar da inestabilidade económica mundial, as contratacións públicas do Concello de Pontevedra volven a suscitar o interese do sector da construción o que apunta á recuperación do sector e a solvencia das finanzas municipais.

As ofertas que se presentaron foron as seguintes:

EmpresaOferta económica
Construcciones Vale616.786,45
Excavaciones y Construcciones Laureano Covelo761.551,48
Excavaciones Y Transportes Ivanca725.050,54
Vilariño Esp S.L.U.589.971,34
Viaqua Gestión Integral De Aguas De Galicia693.022,99
Espina Obras Hidráulicas647.810,15
NAROM, S.L.692.301,51
Oresa Construcción Y Servicios Globales570.771,97
Movimiento De Aridos Y Construcciones De Arosa676.990,08
Misturas S.A.639.793,55
Avan Integral S.L.653.181,18
Civis Global S.L.623.600,45
Construcciones González Y González775.005,00
Hordescon768.057,06
Construcciones Obras Y Viales (Covsa)657.349,74
Cotoverde Obras Y Servicios745.360,00
Espina Y Delfin603.639,46
PRACE, Servicios y Obras700.478,30
NOVAVIAL, Manuel Novoa Castro S.L.694.866,78
Proyecon Galicia636.320,85
Construcciones E.C.Casas723.084,72

A Mesa solicitou máis información a cinco empresas pola posibilidade de incurrir nunha baixa.

O proxecto

O proxecto da rede de evacuación das augas residuais e pluviais do novo hospital Montecelo busca conectar as residuais do edificio á rede de saneamento do concello de Pontevedra; e ao respecto das pluviais darlle saída cara o río do Marco. As intervencións faranse nos lugares de Pardeso en Mourente, e da Barcia en Marcón.

As augas residuais canalizaranse cunha tubaxe de PVC de 630 mm ao longo de 90 metros para conectarse á altura do centro príncipe Felipe, e as augas pluviais recóllese cunha canalización de 800 mm para a canle fluviail mencionada.

Comprimiso de Pontevedra con Montecelo

Este proxecto de 800.000 euros forma parte do compromiso adquirido polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores alá polo ano 2016 para que o novo hospital Montecelo fose unha realidade. Dende aquela foron moitos os investimentos e as achegas económicas que o Concello de Pontevedra ten realizado en beneficio dos pontevedreses e de toda a área sanitaria norte.

No ano 2026, o Convenio asinado entre Miguel Anxo Fernández Lores e Núñez Feijóo, daquela presidente da Xunta de Galicia, contemplaba a achega de 4 millóns de euros para expropiacións e urbanizacións dos terreos lindeiros do novo hospital. Este pago está satisfeito na súa totalidade dende abril de 2022.

Tamén se exoneraba do pago das taxas da licenza e ICIO ao ser un proxecto de interese supramunicipal, o que suporía máis de 5,1 millóns de euros.

Ao tempo, o Concello de Pontevedra tamén creou unha rede de abastecemento de auga potábel para o novo hospital cun investimento de 4.614.231,28 euros 

E ten en marcha a construción do novo vial de acceso por 1.169.479 euros.

Proxectos MonteceloInvestimentos
Achegas do convenio4.000.000
Licenza e ICIO5.110.000
Abastecemento4.614.231
Novo viario perimetral1.169.479
Rede saneamento e pluviais801.646
Total15.695.359