Pontevedra reitera a vontade de colaboración para crear un ente supramunicipal para o abastecemento dos concellos da ría

5

A tenente de alcalde e alcaldesa en funcións, Eva Vilaverde asistiu á reunión con todos os alcaldes e alcaldesas implicados na Xunta de Galicia, e comprometeu “a disposición de Pontevedra a seguir colaborando co resto dos concellos, garantindo o abastecemento de auga tal e como está neste momento”. 

A tenente de alcalde e alcaldesa en funcións, Eva Villaverde asistiu á reunión con todos os alcaldes e alcaldesas implicados na Xunta de Galicia, e comprometeu “a disposición de Pontevedra a seguir colaborando co resto dos concellos, garantindo o abastecemento de auga tal e como está neste momento”.

A tenente de alcalde e alcaldesa en funcións, Eva Villaverde participou esta mañá na reunión sobre o abastecemento dos concellos da ría de Pontevedra que se celebrou na sede da Xunta de Galicia en Pontevedra. A tenente de alcalde volveu a retirar o ofrecemento de total colaboración por parte do Concello de Pontevedra na creación dunha entidade supramunicipal “iso si, determinando previamente as condicións, de que maneira, con que necesidades, e cal é a figura xurídica máis acaída para sacalo adiante”.

Mentres, Eva Villaverde manifestou “a disposición de Pontevedra de seguir colaborando co resto dos concellos, garantindo o abastecemento de auga tal e como está neste momento, e tal e como fixemos o ano pasado”.

Explicou que “nestes momentos os niveis do río son mellores e temos que trasladar á veciñanza que, aínda que as medidas do caudal son mellores, pedimos responsabilidade e cautela”. Lembrou o complexo que foi o pasado ano “e agardamos que este ano sexa mellor, pero temos por diante todo o mes de agosto polo que facemos un chamamento a un consumo responsable de auga durante todo este mes”.

Garantiu que “Pontevedra estará pendente dos niveis do río e manteremos informados a todos os concellos que se abastecen da rede”, ao igual que se fixo o pasado ano “en igualdade para todos, porque a vontade do Concello de Pontevedra foi garantir sempre o abastecemento dende as posibilidades do Concello”.