Os montes de Salcedo acollen o domingo a sétima ediciónda MiniBTT Comunidade de montes de Salcedo 

83

Os montes da parroquia de Salcedo acollen este domingo, 30 de xullo a VII MiniBTT Comunidade de montes de Salcedo na que participarán ciclistas das modalidades masculina e feminina das categorías: benxamín, promesa, principiante, alevín e infantil.

O evento comezará ás 10 da mañá e terá punto de saída e chegada o campo de tiro.

A concelleira de Deportes, Anabel Gulías destacou a importancia deste evento que congregará a uns 300 rapaces de toda Galiza, por promover o deporte de base e polo retorno económico que supoñen estas actividades para Pontevedra.

A concelleira presentou o evento en compañía do presidente da Federación galega de ciclismo, José Carlos Muñiz, e dos responsables do Club Farto e organizadores do evento Brais Dacal e Ramón Novo.