Comeza a rolda de contatos sobre a feira ambulante 

10

A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías manterá reunións mañá, xoves e venres para coñecer opinións dos colectivos implicados na localización da Feira ambulante buscando o consenso dun espazo definitivo que beneficie ás partes e á cidade.  

A Concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías inicia mañá a rolda de contactos cos colectivos con posibles implicacións na localización da Feira ambulante tratando de buscar o consenso dun espazo definitivo que beneficie a ambulantes e á cidade. A concelleira inicia estes encontros logo de ter recibido o pasado venres a encomenda do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores para iniciar estas conversas.

Anabel Gulías reunirase mañá ás 10 da mañá con Zona Monumental. Tamén mañá reunirase con Aempe ás 16.30 horas e as 19.00 horas coa Asociación de ambulantes.

O xoves ten previsto reunirse con praceiras do Mercado de Abastos ás 13.00 horas, con Hoempo ás 17.30 horas e con comerciantes e hosteleiros do centro histórico (que chegaron a recoller 800 firmas sobre a feira) ás 19.00 horas.

Finalmente, o venres manterá reunións cos servizos técnicos municipais como a Policía Local ou os servizos de mantemento e limpeza.

Está pendente de confirmar día e hora da reunión coa Federación de veciños Castelao.