O Concello pon en marcha un plan de mellora e mantemento especial do espazo público 

107
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, indicou que varios equipos están xa traballando por toda a cidade realizando labores de pintura, tanto nos farois como na sinalización horizontal  

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, compareceu esta mañá en rolda de prensa desde a praza da Ferraría para dar conta das últimas actuacións de mantemento de espazo público que se están a levar a cabo na cidade. «No verán imos incrementar, sobre todo por mor do bo tempo, os labores de mantemento e pintado», indicou.

Na práctica, a Boa Vila verá como son repintadas un total de 265 farois en máis de 20 rúas, incluíndo a praza da Ferraría. «Pasarán a estar en estado de revista», indicou o rexedor. «O mantemento dos espazos públicos debe ser unha prioridade. Temos agora cinco equipos traballando en distintos barrios da cidade, desde A Seca até María Vitoria Moreno, pasando pola avenida de Bos Aires».

Doutra banda, Lores explicou que tamén se están a realizar unha serie de actuacións relacionadas coa pintado e mellora da sinalización horizontal.