A prensa internacional anglosaxona chama ás portas do modelo Pontevedra 

11

O británico Daily Express, a canle audiovisual norteamericana Bloomberg, a revista norteamericana especializada en cambio climático Outrider, e a revista económica Fast Company son algúns dos exemplos de solicitude de información que chegaron nestas dúas semanas á Álcaldía de Pontevedra.

O alcalde xa mantivo varios encontros e continuará con entrevistas a vindeira semana e no mes de agosto. 

A proxección internacional do modelo de Pontevedra non pecha por vacacións. Todo o contrario. Nas dúas últimas semanas a Alcaldía de Pontevedra vén de recibir varias peticións de medios internacionais da cultura anglosaxona solicitando manter encontros co alcalde Miguel Anxo Fernández Lores para pedirlle información sobre o modelo de cidade.

Nesta listaxe están o xornal británico Daily Express, a revista norteamericana especializada en medio ambiente Outrider, a canle de noticias norteamericana Bloomberg ou a revista económica norteamericana Fast Company. Os reporteiros e xornalistas das redaccións centrais dos medios de comunicación como o caso do Daily Express ou de correspondentes no Estado español como o caso da canle Bloomberg puxéronse en contacto directo coa Alcaldía para a xestión destes encontros.

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores destaca o posicionamento que está a ter o modelo de cidade no mundo anglosaxón, que se iniciou anos atrás co artigo de The Guardian e a visita á cidade da axencia de noticias norteamericana Associated Press. “Esta presencia nos medios británicos e norteamericanos supón un espaldarazo á proxección internacional da cidade, e agardemos que teña importantes retornos económicos no futuro próximo. Algo polo que os pontevedreses e pontevedresas levamos anos traballando, e impulsando dende o Goberno local: a calidade de vida como reclamo residencial e turístico”, afirmou o alcalde.

Daily Express

Ao respecto do Daily Express, a redacción do xornal púxose en contacto coa Alcaldía solicitando unha entrevista co alcalde e pedindo información sobre o modelo de Pontevedra “que se ha hecho famosa en todo el mundo por haber eliminado los coches de sus calles”.

Estimado Señor Fernández Lores, 

Me llamo Alice Scarsi, soy reportera del periódico británico Daily Express. Estoy escribiendo un reportaje sobre Pontevedra, que se ha hecho famosa en todo el mundo por haber eliminado los coches de sus calles, y esperaba que pudiera responder a un par de preguntas.

1) ¿Qué beneficios ha observado desde 1999, cuando se empezó a hacer de la ciudad una ciudad sin coches?

2) ¿En qué sentido se ha transformado la ciudad desde que eliminaron la mayoría de los coches?

3) En las dos últimas décadas, ¿ha observado algún inconveniente en su ciudad sin coches? ¿Cómo se ayuda, por ejemplo, a las personas con movilidad reducida?

Espero saber de usted.

O resultado deste contacto que se produciu a finais do mes de xuño foi a publicación recollida no xornal dixital o pasado domingo, 2 de xullo, baixo o título “A cidade europea na que todos queren comprar unha casa despois de prohibir os coches”. 

https://www.express.co.uk/news/world/1786257/spain-car-free-city-pontevedra

Outrider

O pasado 26 de xuño a plataforma e revista dixital norteamericana Outrider,con sede en Madison,especializada en cambio climático recolle un artigo da xornalista norteamericana Melissa Rossi sobre Pontevedra. Rossi estivo na cidade a finais de 2021 coñecendo Pontevedra como xornalista especializada en viaxes europeas. O resultado daquela visita foi unha reportaxe sobre o modelo urbano en Yahoo news. E agora, a petición de Outrider, elabora unha reportaxe sobre Pontevedra poñéndoa como modelo inspirador de cidades norteamericanas que empezan a loitar polo control do espazo público: Seattle, Portland, Boston…

https://outrider.org/climate-change/articles/15-minute-cities-may-help-mitigate-climate-change

Canle Bloomberg

A vindeira semana achegarase a Pontevedra o correspondente da canle norteamericana Bloomberg para facer unha entrevista ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores. Incluirase dentro dunha nova serie de reportaxes que o medio de comunicación está a realizar sobre alcaldes que transforman o mundo. O encontro será o vindeiro xoves e está previsto que o seu resultado sexa unha reportaxe dixital máis unha entrevista audiovisual que apoiará á reportaxe.

A canle Bloomberg xa ten destacado o modelo de Pontevedra nesta reportaxe de 2018.

https://www.bloomberg.com/news/articles/2018-11-26/what-car-free-streets-mean-for-family-friendly-culture?sref=4RH4Ezvq

Harvard Kennedy School e Fast Company

A mediados de agosto achegarase a Pontevedra David Zipper, profesor visitante do Taubman Center for State and Local Government da Harvard Kennedy School. Especializado no futuro da mobilidade urbana e no desenvolvemento económico local, quere coñecer máis sobre o modelo de cidade para elaborar un artigo para a revista Fast Company.

Fast Company é una revista de negocios americana mensual publicada en papel e en liña, centrada na tecnoloxía, os negocios e o deseño. Publica seis números impresos ao ano e a súa tirada é superior aos 750.000 exemplares.

Achégase a Pontevedra para entrevistar ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores o vindeiro 17 de agosto.

Hello Mayor Lores

My name is David Zipper, and I am a Washington DC-based writer focusing on topics related to cities and transportation. I have published articles in outlets including The Atlantic, CityLab, Vox, Wired, and Fast Company. (More info is available at www.davidzipper.com) I am also a Visiting Fellow at the Harvard Kennedy School, where my work focuses on urban mobility.

I wanted to reach out because I will be in Pontevedra for a brief visit on Wednesday, August 16th and Thursday, August 17th. I’m familiar with your city’s unique car-free policies, and I’d like to learn more about them — potentially for a story that would run in Fast Company.

Might you be in town and available for coffee or a meal on August 16th-17th? If so, I would welcome a chance to get together.