Ampliado o horario de veladores con motivo das festas do verán e na semana da Gran final das series mundiais de tríatlon 

22

A concellaría Eva Vilaverde, responsable da ocupación do espazo público vén de asinar a resolución que regula o novo horario de veladores (mesas e cadeiras) na vía pública co gallo das festas de verán e da Peregrina. O período comprende dende a noite do 9 de xullo (dende ás 00.00 horas) até o 4 de setembro, ambos os dous días incluídos. Son as datas comprendidas entre as vésperas de San Bieito e a Feira Franca.

Ademais a resolución tamén inclúe a ampliación de veladores entre o 22 e o 25 de setembro por ser as datas de celebración da Gran final das series mundiais de tríatlon.

Os horarios quedarán comprendidos do seguinte xeito:

  • Con carácter xeral até ás 2.00 da madrugada
  • Os sábados, domingos e festivos até ás 2.30 horas
  • Na semana das Festas da Peregrina (do 13 ao 21 de agosto ambos incluídos) até as 2.30 horas.