Zafarrancho de limpeza na avenida de Marín

6

A Concellaría de limpeza viaria dirixida por Xaquín Moreda realiza esta semana un zafarrancho de limpeza na avenida de Marín, no lateral da ría.

A limpeza que se realizará na madrugada do xoves, farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello