O Concello recibe 142 comunicacións de fogueiras na noitede San Xoán 

58

A maior parte son de particulares pero tamén hai peticións de asocaicións veciñais, culturais e deportivas do concello. 

O Concello de Pontevedra vén de recibir 142 comunicacións para a celebración das fogueiras de San Xoán no termo municipal. Rematado o prazo de presentación destas notificacións ben de xeito telemático ou ben por Rexistro.

A maior parte das notificacións son de particulares pero tamén de asociacións de veciños e culturais como O Crabadoiro de Santo André de Xeve, a Recriativa de Xeve, Salcedo-Norte, Eduardo Pondal, Cultural e deportiva de Mourente e Cultural da Piolla.

Como é habitual, o bando emitido desde o Concello de Pontevedra recolle todas as consideracións necesarias para a celebración segura e legal da tradicional noite de San Xoán. Dentro de estas normas, e a maiores da presentación da documentación necesaria, lémbrase que:

  • As fogueiras terán que distar un mínimo de 15 metros ás edificacións e árbores. O diámetro máximo de zona de combustión da fogueira será de 4 metros de ancho cunha altura máxima de 2 metros. As persoas asistentes á fogueira non poderán concentrarse a unha distancia inferior á do ancho da fogueira respecto do perímetro exterior.
  • Os materiais a empregar na combustión serán: leña, pólas, toros de árbores e vellos materiais de madeira de calquera clase. Prohíbense calquera outro tipo de material, especialmente: os neumáticos, plásticos, latas, botellas, materiais con PVC en xeral e similares, así como botar aerosois, aceites ou líquidos combustibles e/ou calquera substancia explosiva. Lémbrase que un bote de aerosol, aínda baleiro, pode orixinar unha explosión importante. Prohíbense as fogueiras baixo tendidos eléctricos, telefónicos, etc.
  • Prohíbese a realización de fogueiras sobre vías públicas pavimentadas, xardíns ou zonas verdes en xeral.
  • A persoa solicitante terá que acatar as normas ou instrucións que poidan ditar os axentes dos Corpos da Policía Local ou Corpo de Bombeiros
  • Serán de obrigado cumprimento as normas sanitarias de distanciamento interpersoal, uso de máscaras, aforamentos máximos, limitación da mobilidade nocturna, medidas de hixiene e as de control pola persoa organizadora para evitar aglomeracións, así coma outras semellantes para previr os riscos de contaxio.