O punto de inicio foi a rúa María Victoria Moreno e continuará polo resto da zona sur durante 3 meses. O proxecto suporá un aforro no consumo de 729.953 kWh/ano e unha reducción de 380,31 tCO2/ano a emisión de CO2.
O Concello fai un investimento de 1,5 millóns de euros nesta primeira fase de substitución por led de toda a iluminación pública da cidade.
O Concello de Pontevedra empezou esta semana polo barrio de Campolongo (ámbito de María Victoria Moreno) a renovación de toda a iluminación pública da zona sur da cidade. Trátase de substituír as actuais luminarias equipadas con lámpadas de descarga de vapor de sodio de alta presión ou de haloxenuros metálicos por tecnoloxía led. Durante tres meses a empresa adxudicataria do contrato, Setga, retirará 1.607 luminarias de 77 rúas, prazas e zonas verdes desta zona da cidade por nova tecnoloxía que permitirá un aforro de 729.953 kWh/ano, reducir en 380,31 tCO2/ano a emisión de CO2 ao ano, e mellorar a iluminación dos espazos públicos e reducir a luz intrusa nas vivendas.
A empresa Setga comezou o pasado martes a substituír as luminarias do barrio de Campolongo. Empezou pola rúa María Victoria Moreno e os xardíns María Viñals para continuar ao longo de tres meses até completar 77 rúas da cidade que comprenden o ámbito incluído entre a avenida das Corvaceiras seguindo pola rúa da Barca, Martitegui, Raiña Victoria, Praza de Galicia, Gorgullón, avenida de Vigo e as súas perpendiculares, María Victoria Moreno e o ámbito da Xunta, Manuel del Palacio, Avenida de Marín e os barrio das Moureiras.
O proxecto inclúe o reforzo da iluminación nos pasos de peóns, unha mellor iluminación nas glorietas e nos ámbitos peonís.
Nestes traballos substituíranse 1.607 luminarias e 32 cadros de mando e protección, retirando o actual sistema de acendido de fotocélula ou reloxo astronómico por equipo de telexestión. Ademais, está previsto a substitución de parte do cabo, tomas de terra e brazos e columnas danadas das luminarias.
Tamén está incluída a limpeza, saneado e pintado de columnas e báculos existentes, é dicir, a retirada de elementos adheridos, fregado até eliminar a sucidade, pintado dos que o precisen e saneamento dos elementos dos farois (parafusos, ancoraxes, tapas…).
Na actualidade este ámbito da cidade existe un consumo actual de 1.126.643 kWh/ano e coa nova iluminación está previsto que os consumos se reduzan a 396.690 kWh/ano, é dicir, suporá un aforro de 729.953 kWh/ano. Economicamente e segundo os prezos actuais, agárdase que supoña unha redución de 370.000 euros na factura do Concello.
Ademais o investimento permitirá reducir as emisións de CO2 en 380,31 tCO2/ano.
O contrato foi adxudicado á empresa Setga a primeiros deste mes de maio por un orzamento de 1.557.828,75 euros. A empresa ofertou reducir o prazo de execución do proxecto nun mes ademais de ampliar o tempo de mantemento das instalacións en 4 anos, ademais dos 4 anos de garantía legal da propia instalación.
Este contrato está financiado a través dun convenio coa Deputación provincial.
Substitución a led en todo o termo municipal
O Concello de Pontevedra iniciou hai oito anos un ambicioso proxecto de substitución do alumeado público do termo municipal por tecnoloxía led. Adaptado a este sistema xa están ás estradas principais de entrada á cidade, o barrio de Monte Porreiro, a avenida de Marín e a PO-11, o polígono do Campiño, varias vías de conexión con outros municipios como a PO-223, as parroquias de Canicouva, Ponte Sampaio, Bora, Lourizán, Santa María e Santo André de Xeve, Verducido, Marcón, Mourente, Campañó, Cerponzóns e Alba.
En todos estes contratos que superan o investimento de 8 millóns de euros, substituíronse máis de 11.400 luminarias, ás que hai que engadir ás 1.607 do ámbito urbano e o proxecto de intervención na parroquia de Lérez e en todo o barrio de Burgo que está en fase de redacción. A continuación, o Goberno intervirá no resto da cidade e nas parroquias de Salcedo e Tomeza, que son as que están pendentes para completar todo o rural.
Rúas nas que se cambiarán as luminarias
- Praza de Concepción Arenal
- Rúa da Barca
- Alfonso XIII
- Rontonda ponte da Barca
- Praza do Campo da Torre
- Victor Said Armesto
- Celestino Poza Pastrana
- Pedro Mariño de Lobeira
- Irmáns Nodais
- San Roque
- Palamios
- Avenida das Corvaceiras
- Xeneral Martitegui
- Rosalía de Castro
- Gagos de Mendoza
- Ramón Peña
- Sebastián González García Paz
- Xeneral Rubín
- María Victoria Moreno
- Arcebispo Lago
- Arcebispo Xelmírez
- Manuel Cuña Novás
- Manuel del Palacio
- Eduardo Blanco Amor
- Carqueixa
- Rúa Campolongo
- Alameda
- Paseo Colón
- Monteleón
- Rúa da Palla
- Raíña Victoria
- Rúa nova de abaixo
- Paseo de Cervantes
- Pastor Díaz
- Riestra
- Praza de San Xosé
- Arquitecto de la Sota
- Tablada
- Praza do Gremio dos Mareantes
- Avenida de Marín (até Manuel del Palacio)
- Andrés Mellado
- Augusto García Sánchez
- Augusto González Besada
- Alcalde Hevia
- Rúa do Forno
- Paseo de Valle Inclán
- Praza da Constitución
- Rúa das Abilleiras
- Paseo dos Gafos
- Fernando III
- Fernando II
- Pintor Rafael Alonso
- Alfonso IX
- Alfonso X
- Luís Braille
- Avenida de Vigo
- San Pedro Alcántara
- Mariscal Pardo de Cela
- Praza da Liberdade
- Praza de Galicia
- Iglesias Vilarelle
- Parque do cogomelo
- Xardíns María Viñals
- Praza de Ponte Bolera
- Pedro Sarmiento de Gamboa
- Praz e rúa da Curtidoira
- Rúa do Muíño
- Rúa da Moa
- Rúa da Auga
- Rúa da Estación
- Herminia Fariña Cobián
- Manuel Colmeiro
- Bibiano Fernández Osorio Tafall
- Pintor Virxilio Blanco
- Urbano Lugrís
- Luís Seoane
- Paseo peonil Josefina Arruti