O alcalde visita o lugar da Peralba, en Marcón, onde o Concello investiu arredor de 900.000 euros 

10

Neste mandato melloráronse os accesos, pavimentouse todo o núcleo, cambiouse a iluminación por led e instalouse saneamento no lugar. 

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores mantivo esta tarde un encontro cos veciños da Peralba, na parroquia de Marcón, onde o Concello de Pontevedra fixo un esforzo inversor importante ao longo deste mandato acondicionando o acceso ao núcleo así como a mellora de todo o entramado urbano do lugar. De feito, o alcalde acompañado do concelleiro coordinador do rural e responsable da parroquia, Alberto Oubiña pararon antes do encontro veciñal na ponte sobre o río Reigosa para ver o seu resultado.

O lugar da Peralba vén de estrear o acondicionamento dunha vía de preto de 2 quilómetros que dá acceso ao núcleo, e que pasa por riba do río Reigosa, cuxa canle foi precisa desviar para poder executar nunha nova canalización. Este investimento foi de 564.248,34 euros. Pavimentouse toda a vía que ten recollida de augas pluviais, calmado de tráfico e bandas de protección de dobre onda.

Ademais, no lugar fíxose un investimento de 130.936,27 euros en saneamento, pavimentouse todo o núcleo con recollida de augas pluviais por valor de 163.993,45 euros, e instalouse alumeado LED en todo o núcleo para mellorar a eficiencia enerxética e a visibilidade na zona, cun investimento de arredor de 30.512 euros. 

Os investimentos na Peralba en 889.690,06 euros nos últimos 2 anos.