Pontevedra, invitada a participar no Foro Iberonamericano de Cidades celebrado en Querétaro, en México 

27
A mesa redonda de Urbanismo para a que foi solicitada a presencia de representantes do Concello será celebrada entre o 28 e o 30 de xuño 

A portavoz do Goberno, Anabel Gulías, compareceu en rolda de prensa esta mañá co obxectivo de dar conta da Xunta de Goberno Local celebrada a primeira hora da mesma. Alén dos asuntos incluídos na orde do día, a edil quixo repasar algúns dos tratados fóra desta, como foi a chegada á alcaldía do Concello dunha invitación oficial para participar nunha mesa sobre Urbanismo no Foto Iberoamericano de Cidades, que se celebrará entre o 28 e o 30 de xuño na cidade de Querétaro, México.

«O convite chega por parte do Instituto ICEX España Exportación e Inversiones, dentro do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. De xeito expreso nos convidan para falar do modelo de cidade, da transformación urbana e máis concretamente nas accións iniciadas no centro histórico, pois consideran que é un exemplo ‘inspirador’ e que pode ter certas solicitudes co que está a acontecer en Querétaro», informou a edil.

«Querétaro esta considerada como unha das cidades con maior crecemento do país. Aparte de todo isto, quere centrar o seu modelo de xestión e deseño dos espazos públicos traballando no centro histórico como base, un espello do que pode aproveitar a totalidade da poboación. É un programa interesante mais tamén esgotador: é un programa que conta con máis de 100 expertos internacionais e máis de 200 empresas, tanto de México como do Estado Español. Que o ICEX se interesase por Pontevedra é un aval importante ao traballo desenvolvido e unha nova oportunidade para a promoción internacional da cidade e, por suposto, unha oportunidade de intercambiar experiencias con expertos na materia». Os gatos de transporte e aloxamento estarían cubertos polo ICEX.

Nova licenza urbanística par a construción dun edificio na rúa Mariscal Pardo de Cela

A portavoz do Goberno sinalou que na Xunta de Goberno Local desta mañá tamén aprobada a concesión de licenza para a construción dun novo edificio na rúa Mariscal Pardo de Cela. «Por fin chega esta licenza residencial para un edificio de 14 vivendas. Falamos dunha construción de cinco plantas, baixo máis baixo-cuberta. Tamén dá cara a rúa Eduardo Pondal, chegando aí a seis plantas».

A licenza conta cun orzamento de execución material de 1.512.600 euros.