Madalenas de arandos e galletas crinkles, protagonistas do último Ganapán da tempada

13

A elaboración de chapas mariñeiras e abanos primaverais porán a nota divertida na última fin de semana de abril

O Gastroespazo do Mercado de Abastos acollerá o sábado 29 e o domingo 30 de abril á rapazada de entre 4 e 10 anos de Pontevedra nunha nova quenda de O Ganapán. A iniciativa de lecer infantil, promovida pola Concellería de Promoción Económica, dirixida por Yoya Blanco, traerá durante a primeira xornada madalenas de arandos ás cociñas para darlle sabor ao almorzo e un taller de creación dun pins moi mariñeiros co que decorar os outfits dos máis pequenos e por que non, dos maiores. A xornada do domingo estará dedicada a elaborar unhas exquisitas galletas crinkles así como á creación duns abanos que, aínda que a previsión é de choiva para os vindeiros días, os rapaces e rapazas de Pontevedra estarán preparados con este abano artesanal para cando o astro rei Lorenzo asome e quente as xornadas primverais e de verán.

As actividades levaranse a cabo entre as 11.30 e as 13.30 horas de ámbolos días da fin de semana. Todos aqueles que desexen participar deberán inscribirse previamente a través do correo electrónico oganapan@gmail.com indicando na mensaxe as posibles alerxias ou intolerancias de cada quen. A concelleira de Promoción Económica recorda “non esquecer a friameira para poder levar a casa estas exquisiteces, dignas de probar polas familias dos meniños e meniñas participantes”.

WhatsApp Image 2023 04 25 at 15.32.37