A Ferraría volve a acoller unha nova edición da Festa dos Maios 

373

Será o luns, 1 de maio a partir das 11.00 horas. Nesta ocasión a poeta Miriam Ferradáns será a encargada de dar a Benvida ao maio. 

Coa chegada do 1 de maio, o Concello de Pontevedra volve a celebrar o tradicional concurso da Festa dos Maios. A cita será na praza da Ferraría a partir das 11 da mañá. E comezará coa Benvida ao maio a cargo da poeta galega Miriam Ferradáns.

Como todos os anos, o xurado escollerá entre os colectivos, asociacións e entidades que se presenten a este certame que ten como propósito “preservar o patrimonio cultural e fomentar o interese polas actividades culturais e festivas tradicionais do municipio”, tal e como recollen as bases do concurso. Os colectivos que queiran presentarse aínda están a tempo de facelo a través do Rexistro da sede electrónica municipal sede.pontevedra.gal, xa que o prazo remata este xoves, 27 de abril, ás 23.59 horas.

Logo de presentar os maios e interpretar as cantigas, o xurado retirarase para decidir a entrega dos premios. A espera estará amenizada polo gruo O son da Pedra meiga.

Polo feito de participar, cada colectivo recibirá 150 euros. Ademais, entregaranse os seguintes premios:

Premios ao maio tradicional

1º: 350 euros

2º: 300 euros

3º: 250 euros

4º: 100 euros

Premios ás cantigas

1º: 350 euros

2º: 300 euros

3º: 250 euros

4º: 100 euros

Premios á interpretación

1º: 350 euros

2º: 300 euros

3º: 250 euros

4º: 100 euros

Premios á coroa

1º: 350 euros

2º: 300 euros

3º: 250 euros

4º: 100 euros

Premio especial do xurado: 300 euros