Dúas estudantes da Universidade de Land (Suecia) que fan a súa tese con Pontevedra como caso práctico

36

A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías acompañado do concelleiro de Novas Tecnoloxías, Alberto Oubiña reuníronse esta mañá con dúas estudantes do máster de Xestión estratéxica internacional da Universidade de Lund, en Suecia. Andrea Wessels e Luisa Rensing decidiron facer a súa tese sobre a mobilidade urbana sostible, tomando como caso práctico Pontevedra.

Anabel Gulías e Alberto Oubiña explicaron o modelo holístico centrándose no enfoque social do cambio producido, xa que era un dos puntos que máis lles interesaba. Abordaron o espazo público como dereito de todas as persoas e que permite transformar as cidades en lugares máis equitativos. Tamén fixeron relación ao recoñecemento internacional como clave para autoestima colectiva.