Volve Cabos Sotos para respostar as dúbidas da escea musical da cidade e para ser unha mostra das actividades artísticas locais

36

Programados para os días 28 e 29 de abril, Cabos Soltos celebrará unha xornada de formación (día 28) na que se responderán cuestións habituais dos profesionais e se darán a coñecer ideas inspiradoras no sector.

Música e outras actividades creativas netamente pontevedresas programarán durante dous días nuns 25 ou 30 locais, salas ou cafeterías da cidade. 

Cabos Soltos volve a Pontevedra os vindeiros 28 e 29 de abril celebrando as terceiras xornadas técnicas e dúas xornadas de música e creatividade nos locais, cafeterías, salas e nos espazos públicos da cidade. A  concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías presentou esta mañá un programa integrado por unhas xornadas formativas destinadas ao sector co propósito de “consolidar a escea pontevedresa” e a programación de espectáculos nos locais da cidade.

Cabos Soltos

As xornadas formativas celebraranse o día 28 de abril na Casa das Campás. Participarán expertos que darán respostas ás preguntas máis comúns de músicos e músicas, e tamén se analizaran experiencias inspiradoras dentro do sector.

Cabe lembrar que Cabos Soltos é unha iniciativa do Concello de Pontevedra promovida como resposta a nova Lei de espectáculos públicos que dificultaba a programación en locais, salas e equipamentos de pequeno formato. Esta liña ía en contra da política cultural que promove o Concello de Pontevedra.

Cabos Soltos estaba anclado a tres premisas: a consolidación da escea pontevedresa a través da creación de xornadas formativas específicas; creación dunha plataforma de artistas emerxentes que comezan a ter posibilidades de amosar o seu traballo; e a programación en salas e locais de pequeno formato onde se cren novos públicos.

Para inscribirse e obter máis información pódese consultar