Torta de máza e pound cake de limón protagonizarán unha nova fin de semana do programa Ganapán

18
  • O programa de lecer infantil dirixido á rapazada de entre 4 e 10 anos de Pontevedra tamén contará con talleres nos que se poderán elaborar peixiños de cores e imáns  dos seus libros favoritos

Rapaces e rapazas de entre 4 e 10 anos encherán o Gastroespazo do Mercado de Abastos de suculentos doces e moita diversión, o vindeiro sábado 22 e o domingo 23 de abril, nunha nova fin de semana de propostas lúdicas organizadas no marco do programa O Ganapán. Os participantes que se inscriban nestes obradoiros terán ocasión de aprender a elaborar a torta de mazá e noces así como un pound cake de limón.

Doutra banda, a iniciativa de lecer infantil impulsada pola Concellería de Promoción Económica, que dirixe a socialista Yoya Blanco, engadirá un taller no que os nenos e nenas confeccionarán peixiños de cores e imáns cos seus contos preferidos con motivo do Día de Libro.

As actividades levaranse a cabo entre as 11.30 e as 13.30 horas de ámbolos días da fin de semana. O evento súmase as anteriores citas do Ganapán, que ten por obxectivo que a rapazada medre nos seus coñecementos culinarios nun espacio lúdico no que elaborar estes doces manxares.

Todos aqueles que desexen participar deberán inscribirse previamente a través do mail oganapan@gmail.com, indicando nel as posibles alerxias ou intolerancias.