A Concellería de Desenvolvemento Sostible axardina con plantas tapizantes o noiro do Campiño de Santa María

27
  • O departamento que dirixe o socialista Iván Puentes tamén está a executar a reposición de catro camelios na Praza da Ferrería

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural iniciou esta mañá os traballos de reposición de catro camelios na Praza da Ferrería, dous deles exemplares de gran porte e espectacularidade na parte superior da mesma e outros dous dunhas dimensións algo inferiores na parte baixa. Trátase en tódolos casos de árbores que optimizarán a calidade paisaxística da praza e que veñen a substituír a outros cuxos alcriques quedaran totalmente secos.

Ademais, o Servizo Municipal de Parques e Xardíns tamén está a executar unha actuación nos xardíns do Campiño de Santa María, realizando un axardinamento con plantas tapizantes no noiro que dá cara á rúa Arcebispo Malvar. En concreto, segundo explica o concelleiro socialista Iván Puentes, “estanse a plantar agapantos, que nos permitirán reducir as esixencias de mantemento e embelecer este contorno con especies de flor duradeiras durante unha cantidade importante de meses do ano, practicamente desde mediados da primavera ata finais do verán”.