Unha trintena de equipos competirán este sábado 8 de abril na 1ª Copa Galega de Sprint cadete e veterano

63
  • O Complexo Deportivo David Cal será a sede da competición, na que se disputarán as distancias de 200, 500 e 1000 metros en categorías K-2, C-2, K-4, C-4 e Paracanoe

Pontevedra acollerá este sábado outra gran cita do piragüismo galego, coa celebración da 1ª Copa Galega de Sprint nas categorías cadete e veterano, tanto masculina como feminina. O Complexo Deportivo David Cal será o lugar onde os trinta equipos participantes medirán as súa forza e velocidade nas diversas probas de K-2, C-2, K-4, C-4 e Paracanoe, en distancias de 200, 500 e 1000 metros.

A xornada de competición dividirase en dúas quendas: unha primeira na que se disputarán as series a contrarreloxo, entre as 9:30 e as 11:30 horas, que servirán de clasificatorio para as finais das respectivas competencias; e a continuación, dará comezo o torneo coa serie a contrarreloxo do K-2 500 en categoría cadete masculino, que se pechará coa Final A do K-4 1000 veterano masculino, ás 14:20 horas, e coa posterior cerimonia de entrega de medallas coa que se clausurará o evento.

Nesta Copa Galega de Sprint participarán clubs procedentes de toda a comunidade autónoma: Bouzas Caiac, Club As Torres Romería-Vikinga, Club Cabanas KDM, Club CMDC Breogán do Grove, Club Cofradía Pescadores Portonovo, Club de Mar Ría de Aldán-Gandón S.A, Club de Priragüismo Cambados, Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, Club Deportivo Náutico de Miño, Club Escola Piragüismo Poio-Conservas Pescamar, Club Fluvial Avion-Castrelo de Miño, Club Fluvial de Lugo, Club Grupo Xuvenil Piragúismo As Pontes, Club Kayak Vigo, Club Kayak Tudense, Club Náutico de Cobres, Club Náutico O Muíño de Ribadumia, Club Náutico Pontecesures, Club Náutico Ría de Pontevedra, Club Naval de Pontevedra, Club Piragüismo Ciudad de Lugo, Club Piragüismo Rías Baixas- Boiro, Club Piragüismo Río Verdugo, Club Piragüismo Verducido Pontillón, Club Piragüismo Vilaboa, Club Ría de Betanzos, Escuela Piragüismo Ciudad de Pontevedra, Piragüismo Ourense, Real Club Náutico Rodeira de Cangas, Sociedad Deportiva As Xubias.