Chega ás librarías ‘Nom estamos quebrades’, a obra de Nee Barros gañadora do V Premio María Victoria Moreno convocado polo Concello e Cuarto de Inverno

53


A obra ‘Nom estamos quebrades’ en lenguaxe non binaria e galego reintegrado, representa a a diversidade, a empatía na descrición da amizade e os conflitos e dúbidas que xorden nas relación sociais

Non faltan nela unha morea de referentes do panorama galego a nivel musical e literario


A concelleira Carme Fouces presentou esta mañá a obra ‘Nom estamos quebrades’, V Premio Maria Victoria Moreno acompañada do gañadore Nee Barros, Andrea Jamardo da editorial Cuarto de Inverno e  Andrea Barreira en representación do xurado que seleccionou a obra entre os de 30 orixinais presentados á convocatoria.  Tamé estivo presente Begoña Llacer, filla de María Victoria Moreno

“Xa son cinco anos que levamos premiando a LIX no marco do Salón con intención de visibilizar a Maria Victoria Moreno e  a súa obra.  Sentimos un grande orgullo de todas as premiadas pero este premio é un chisco máis especial xa que Nee, criouse no seno do Salón. O Salón tiña 3 anos cando el naceu.  Acudía dende moi pequerrechiño con toda a súa familia. O Salón formou parte do seu imaxinario e probablemente este e outros espazos contribuíron a que hoxe sexa quen é. Non é o obxectivo do Salón crear escritores pero estamos moi contentas de que así sexa. Sobre a obra en si, ten unha temática que move á xuventude do s.XXI. Unha temática que sempre estivera aí pero invisibilizada. É preciso escoitar e aprender do que a xente moza ten que contar. Penso que a obra vai ser referencial para o universo xuvenil e un espello para moita xente ”, apuntaba Fouces

Andrea Jamardo quixo agradecer en nome da editora Cuarto de Inverno ao Concello e a familia de María Victoria a confianza depositada. “É un premio consolidado que cada ano recibe máis orixinais. Moita xente se presenta polo cariño que esperta a figura de María Victoria. O nivel ademáis é alto e houbo moita discusión porque había varias obras que podía aspirar a gañar. Tentamos que a edición sexa moi coidada, na corrección do texto e en moitos detalliños. Damos o 100% nas edicións de todos os nosos libros.”

Andrea Barreira, parte do xurado, deu os parabéns a Nee por “este libro valente e moi necesario que toca varios puntos moi intersantes: a diversidade, tan importante, que sempre estivo aí pero ás veces non queremos vela. A xente terá un espello no que se mirar neste libro. Un libro que está cheo de referentes de aquí, galegos, a nivel musical e literario. Visibilizarnos entre nós é algo que as veces esquecemos. Finalmente, o xeito do que fala das relación humanas, o ben retratada que está a amizade tanto nas cousas boas como as malas. A maiores da técnica literaria e de que é un libro moi fácil de ler, a mensaxe é marabillosa”

Begoña Llacer, filla de María Victoria, quixo agradecer a Nee ter creado este libro no momento actual no que se atopa a sociedade e a xuventude e achegar esta temática á xente á que lle custa máis comprender e aceptar a diversidade en todas as súas formas.

Pola súa banda Nee Barros salientou que aínda que “o libro aínda acaba de chegar ás librarías. As veces cústamente algo crer no que escribo e foi moi especial que fora acollido así, cun premio e máis o MVM. Agora teño gana de coñecer a opinón dos lectores.

É difícil escribir desde o punto de vista que escribo, xa que procuro representar realidades que vivo ou presencio a diario e que non están representadas. En ‘Non estamos quebrades’ falo de modelos de relación que non coñecemos tanto, persoas racializadas, autistas, busco normalizar o uso do pronome elu e do xénero neutro, o galego reintegrado, etc.”

“Espazos como o Salón me foron constuíndo e persoas como María Victoria Moreno, na súa aposta por personaxes femininas protagonistas, abriron un camiño que eu agora pretendo continuar. Sen desvelar moito, historia parte dunha rapariga adolescente, universitaria, que rompe co seu mozo e a partir de aí e da man do seu mellor amigo, – unha amizade que vertebra a obra – descobre que non tiña tantas certezas como pensaba sobre si mesma. Comeza a cuestionarse, a coñecer outras persoas, a tentar aprender, etc. Non falo de lugares concretos pero está ambientada en Santiago de Compostela e ese saída nocturna serve tamén para falar do pouco accesible que é para as persoas autistas saír de festa e outras moitas situacións como entender algúns mecanismos de comunicación social ou que as veces nos resulte máis complicado manter amizades, porque non estamos nun mundo adaptado a nós. ‘Nom estamos quebrades’ é un libro moi importante para min. Que persoas autistas poidamos escribir historias con personaxes autistas para dar unha visión que saía un pouco do estereotipo”

Tanto a concelleira Carme Fouces como Nee Barros quixeron lembrar que “foi casualidade marcar a data de presentación para hoxe pero pero xusto onte foi o día do Libro Infantil e Xuvenil e tamén e da Concienciación Mundial sobre o Autismo”.