As seis bandas de Xeración sónica participan este sábado no Vira Fest de Paredes de Coura 

9

As seis bandas que integran o programa Xeración Sónica 22-23 participarán este sábado no Vira Fest de Paredes de Coura (Portugal). É o primeiro encontro internacional do programa nado no Local de música de Pontevedra de mans da Concellaría de Xuventude que dirixe Alberto Oubiña.

Os grupos Vermes, Malo Será, Les Poubelles, REK, Simpsonhead e Ornitorrincos están convidados a interpretar os seus temas neste foro e tamén a expoñer o proxecto, neste festival que busca poñer o foco na importancia da educación musical

Por outro lado, o concelleiro Alberto Oubiña tamén informou esta mañá que as bandas do ano 2021-22 xa fixeron a grabación dos seus temas durante o verán e xa están dispoñibles nas plataformas Spotify ou Apple Music. Hai que buscala baixo o nome x-sonica vol4. Pódense escoitar temas das bandas: Froalla, Karonte, Maloserá, Simpsonhead, Vermes e Haku.

Xeración Sónica é unha iniciativa da Concellaría de Xuventude para promover a creación musical en galego entre mozos e mozas de 13 a 16 anos. Tamén busca fomentar o acceso e novos públicos ao Local de música, e a creación e consolidación de proxectos musicais na cidades.