O Salón do Libro, da man de Galpón Lab, abre convocatoria para a que será a segunda residencia artística do Salón, dirixida a todo tipo de artistas e creadores/as residentes en Galicia

228


Entre as candidaturas recibidas entre o 16 de marzo ata o 7 de abril será seleccionadas dúas persoas que ao longo dunha semana realizarán intervencións nas caixas da luz da cidade e diversas actividades dentro do programa do Salón na semana do 24 ao 30 de abril.

Logo dunha paréntese por mor da pandemia, o 23 de abril Día do Libro regresará a troca de libros promovida polo IES Torrente Ballester, na que xa están inscritos 15 centros de ensino de Pontevedra e parroquias

Haberá unha nova modalidade de troca express, xestionada polo propio Salón, na que será posible intercambiar directamente libro por libro e non ser limitará únicamente á xornada do 23.


A concelleira de Cultura Carme Fouces presentou esta mañá a que será a segunda residencia artísitica do Salón do Libro, da man do Galpón Lab e baixo o nome de Laboratorio Creativo e a troca de libros organizada polo IES Torrente Ballester, que regresa logo da pandemia con pequenas novidades.

“Seguimos desvelando cousas que van acontecer no marco do Salón do Libro, que teñen que ver coa arte, o xogo, etc. O Salón é un referente estatal do que acontece en torno a Literatura Infantil e Xuvenil. Están as actividades clásicas de contacontos, teatro, música etc. pero outros moito aspectos e patas. Para falar delas están hoxe comingo David Castro, director do IES Torrente Ballester e responsable dunha nova edición da troca de libros e Iria Rodríguez do Galpón Lab que xestionará a convocatoria das resisdencias artísticas, Laboratorio Creativo. A troca é unha forma de coidar o planeta reutilizando materiais de calidade como son os libros,  unha iniciativa que parte da comunidade educativa do Torrente Ballester no que hai moitos centros implicados e que nós, como Concello abrazamos porque coincide coa nosa filosofía de economía circular, sostible, etc. Sobre  o Laboratorio Creativo, o Galpón Lab é unha empresa creativas das que agroman nesta cidade e será o nexo de unión para levar a cabo esta iniciativa vinculada á arte urbana, na que a través dunha residencia artística daus persoas  percibirán un premio metálico de 500€ e parmenecerá unha semana na cidade con aloxamento, manutención e materiais. Desenvolverán os seus proxectos co tema do xogo de fondo e serán plasmados tanto na redecoración das caixas da luz que hai repartidas pola cidade como en diferentes actividades que levarán a cabo no Salón a semana do 24 ao 30 de abril”

David Castro do IES Torrente Ballester agradeceu logo da pandemia “poder asentear esta actividade que naceu dentro do centro pero que entendemos que había que sacar fóra. Tivemos o respaldo do Salón e o Concello e logo do parón de dous anos regresamos con maior implicación dos centros en xeral  –  de infantil, primaria, AMPAS – e en concreto dos de secundaria, que son 4 dos 15 totais. O sistema para participar é achegar a calquera dos centros libros de calquer tipo  – a excepción de enciclopedias – en estado aceptable para ser empregados por outras persoas. A cambio, recibirán uns vales que poderán empregar o día 23 para canxear por outros libros. Destacamos que este ano haberá como novidade a troca express, á marxe  dos entregados polos centros educativos. Será intercambio directo de libro por libro, xestionado polo propio Salón e non se vai limitar ao día 23 senón que vai estar operativo ata que remate o Salón”

David rematou a súa intervención convidando a participar aos centros que aínda non se animaran e a todo o mundo a achegarse o Día do Libro.

Pola súa banda Iria Rodríguez do Galón Lab completou a información que xa facilitar Carme apuntando que a convocatoria, limitada a residentes en Galicia, estará aberta a partir de mañá xoves 16 de marzo ata o 7 de abril. “Poderedes atopar as bases e o enlace ao formulario https://forms.gle/A5VVq1z3X1Jo7Zba7 na propia web e redes do Salón e tamén nas nosa do Galpón. Anunciaremos o 17 de abril as persoas seleccionadas e levarán a cabo a residencia artísitca e actividades a semana do 24 ao 30 de abril. A arte é un elemento vertebrador e pensamos tamén en darlle propiedade e identidade aos elementos urbanos con esta transformación. Ao longo da semana de residencia pretendemos que se estableza unha especie de diálogo/xogo entre as dúas persoas seleccionadas e a cidadanía”

Listado centros participantes na Troca de Libros

1           CEIP Álvarez Limeses ANPA Álvarez Limeses

2          CEIP de Marcón         ANPA CEIP Marcón

3          CEIP de Vilaverde-Mourente ANPA CEIP Vilaverde-Mourente

4          CEIP Manuel Vidal Portela     ANPA Río Lérez

5          CEIP Praza de Barcelos          ANPA O Galo

6          CEIP San Martiño        ANPA CEIP San Martiño

7          CEP Marcos da Portela            ANPA O Miradoiro

8          CPR Plurilingüe Calasancio   

9          CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús 

10         EEI de Verducido       ANPA EEI Verducido

11         IES A Xunqueira I        ANPA Celso Emilio Ferreiro

12         IES A Xunqueira II       ANPA IES A Xunqueira II

13         IES Gonzalo Torrente Ballester          ANPA O Pino

14         IES Valle-Inclán           ANPA IES Valle-Inclán

15         CEIP A Carballeira (Lourizán) que non aparece no cartel por terse incorporado máis tarde.