Entre os relatores están o catedrático de filosofía Francisco Jarauta e a escritora e científica Remedios Zafra.
A concelleira de Cultura, Carmen Fouces recibiu esta mañá á Aula Castelao de Filosofía, organizadora da Semana Galega de Filosofía que volverá ao Teatro Principal entre o 10 e o 14 de abril para falar de Filosofía e arte. Entre os relatores estarán Francisco Jarauta, catedrático de Filosofía da Universidade de Murcia e a escritora Remedios Zafra, científica do CSIC.
Os representantes da Aula Castelao de Filosofía achegáronse ao Concello para presentarlles o programa da 39 edición que se desenvolverá en sesións de mañá, tarde e noite, todas de balde, no Principal.
A concelleira de Cultura Carmen Fouces destacou o esforzo da Aula Castelao “por traer a Pontevedra todo tipo de especialistas en todos os eidos”. Ao respecto da temática desta edición, sinalou a importancia da comuñón do Concello de Pontevedra coa arte, especialmente neste mandato, onde se teñen dato a compra do Convento de Santa Clara ou a exposición, aínda en marcha, de A cidade é a pegada.
Os organizadores destacaron que a presentación do programa completo será o vindeiro 10 de marzo, pero adiantaron que “cada ano é un novo reto”.