O transporte urbano de Pontevedra consolídase con máis de 330.000 usuarios no primeiro ano de implantación

11

De novembro de 2021 a decembro de 2022 viaxaron nas dúas liñas circulares do transporte urbano 338.629 usuarios/as, unha media de 24.000 ao mes. O punto de partida en outubro de 2021 era de 19.000 usuarios. En novembro de 2022 superáronse ás 36.000 persoas que colleron o bus urbano na cidade. 

O 71% dos viaxeiros empregan a tarxeta moedeiro que subvenciona o Concello, dos cales case 5.000 son tarxetas Xente Nova.

A liña máis empregada é a de Montecelo. 

O departamento de Mobilidade do Concello de Pontevedra, co concelleiro responsable ao fronte, Demetrio Gómez, mantivo onte una reunión co departamento de Transporte da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galiza para facer seguimento do Convenio de transporte de Pontevedra, que en outubro de 2022 cumpliu un ano da súa implantación.

Segundo o informe traslado pola Xunta de Galicia na reunión, os datos de 1 de novembro de 2021 a  31 de decembro de 2022 demostran que o transporte urbano (formado por dúas liñas circulares) tense consolidado na cidade nestes meses. Rexistráronse 338.629 usuarios, cunha media de máis de 24.000 usuarios por mes, e chegando a picos de 36.127 usuarios no mes de novembro de 2022, é dicir un 66% máis que a media do resto dos meses. O punto de partida de outubro de 2021 era de 19.629 usuarios, e de 16.472 en outubro de 2020.

Ao longo dos meses apréciase un descenso en épocas de vacacións escolares e de verán, e un incremento en época escolar reforzado por descontos aplicados nos últimos meses ás tarxetas moedeiros.

Por liñas, á máis empregada é a L2 (Praza de Galicia – Hospital Montecelo – Monte Porreiro) que chegou aos 186.564 viaxeiros de novembro de 2021 a decembro de 2022, e o seu incremento e continuo mes a mes. O número de viaxeiros da L1 (Estacións – A Xunqueira – Monte Porreiro) sitúase en 140.311 viaxeiros no mes período.

No tocante á fórmula de pago dos servizos, o 71,5% dos usuarios realiza o pago a través da tarxeta de transporte, é dicir 242.000 usuarios. Pontevedra ten rexistradas 7810 emisións de tarxetas de transporte metropolitano de Galicia, o que supón o 56% das emitidas en toda a área metropolitana. Ao respecto das tarxetas Xente Nova, en Pontevedra foron expedidas 4.941. Cabe lembrar que con esta última tarxeta os menores de 21 anos viaxan de balde.

O concelleiro de Mobilidade, Demetrio Gómez, amosouse moi satisfeito cos datos trasladados dende a Xunta de Galicia, xa que “demostran que o servizo adáptase ás nosas necesidades e é un bo servizo para os veciños e as veciñas”. O número de viaxeiros/as así como que a implantación da tarxeta do transporte en Pontevedra “está na media do resto de áreas metropolitanas galegas, concluímos que as liñas se adaptan as necesidades de Pontevedra”.

De todos os xeitos “non podemos quedarnos aquí parados. Os datos anímanos a seguir traballando, a seguir mellorando e a facer avanzar a Pontevedra”, afirmou o concelleiro de Mobilidade.

As tarifas

Cabe lembrar que o prezo do billete para pago en metálico é de 1,50 euros. No caso de que o usuario/a dispoña da tarxeta de Transporte Metropolitano de Galicia (TPG) fáiselle un desconto do 10%, é dicir, o billete queda en 1,35 euros. E no caso de que as viaxes sexan con orixe e destino Pontevedra, a esta rebaixa súmaselle a subvención municipal de 0,50 céntimos. É dicir, o billete quedaría en 0,85 euros

A maiores desta rebaixa, as persoas que empregan a tarxeta moedeiro e sexan “grandes” usuarios do Transporte urbano poden beneficiarse doutras subvencións. No caso de superar as 20 viaxes ao mes fáiselles un desconto do 25%, e no caso de superar as 41 viaxes, o desconto increméntase até o 50%, é dicir, o billete final sae en 0,18 euros.

A estas tarifas hai que engadir os descontos do 50% aplicados recentemente as tarxetas de transporte dende as distintas administracións.

Demetrio Gómez, concelleiro de Mobilidade.