O Ganapán pon a máscara de Entroido para 5 días continuados de actividades

97
  • A iniciativa de lecer infantil, impulsada pola Concellería de Promoción Económica e Turismo para nenos e nenas de 4 a 10 anos, presenta unha programación especial de Entroido na que se inclúen obradoiros de elaboración dos doces máis representativos desta festividade: filloas con leite e chocolate, bica branca, bolos formigueiros do Brasil…
  • Entre as actividades, que comezarán o sábado 18, a rapazada terá tamén a oportunidade de confeccionar complementos para agregar aos seus disfraces (perrucas, paxariñas e sobreiros de paiaso…) 

Chega o Entroido a Pontevedra e O Ganapán presenta unha programación especial con motivo desta festividade. A iniciativa da concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, prolongarase durante 5 días nos que a rapazada de entre 4 e 10 anos poderá divertirse elaborando os doces máis característicos desta época do ano. Ademais, como é habitual neste programa de lecer infantil, á marxe de cociñar deliciosas receitas, os nenos e nenas participantes elaborarán diversos xoguetes, orientados nesta ocasión á temática do Entroido.

O sábado 18 de febreiro O Ganapán dará o pistoletazo de saída con nada máis e nada menos que cunhas filloas de leite con chocolate e sombreiros e paxariñas de paiaso, para inaugurar como se merece un Entroido que regresa ao completo tras dúas edicións marcadas polas restricións. A segunda quenda, o domigo 19, estará protagonizada pola tradicional bica branca e por un taller de confección de perrucas divertidas, para seguir rindo e desfrutando como se merece nesta época de retranca e alegría.

Para os que aínda sigan con ganas de festa, a terceira xornada do Ganapán, o luns 20, traerá consigo unha receita que chega dende o lugar onde máis se vive o entroido do planeta, Brasil. Trátase dos bolos formigueiros, que xunto coa elaboración de coroas de flores, levarán aos nosos nenos e nenas a teletransportarse ao trópico para disfrutar do Carnaval como eles o fan. No penúltimo día, o 21 de febreiro, os meniños surcarán os mares cunha máscara de pirata, para levar por todo mundo a incrible torta de larpeira tradicional galega que aprenderán a facer. E por último, para pechar por todo o alto esta programación especial, que mellor que con outra proposta gastronómica de Entroido: as rosquillas de anís. Paralelamente, elaborarán un antiface de extraterrestre, recollendo os últimos vestixios da pasada etapa deste divertidísimo evento infantil.

“Non esquezades inscribir aos pequenos que desexen participar a través de email oganapan@gmail.com, indicando as posibles alerxias e intolerancias que teñan”, subliña a socialista Yoya Blanco, recordando ao mesmo tempo que as actividades levaranse a cabo no horario habitual, de 11:30 a 13:30 horas. E como sempre, non esquezades a vosa friameira! Que estas exquisiteces son dignas de degustar tamén polas familias.