Ponteatro regresa ao Principal este xoves 9 ás 21h. con Miss Docet logo de esgotar na venda anticipada os 60 abonos para o ciclo

31


A obra, de Compañía Eléctrica ten como protagonista á coautora do texto, Iria Pinheiro e trata sobre Emilia Docet, coñecida por ser a “miss España galeguista”.

En horario matinal ás 11.30h terá lugar un pase concertado con escolares de ESO e Bacharelato

As entradas soltas para este e os restantes espectáculos, están á vanda en Ataquilla.com a un prezo xeral de 8€ + gastos e reducido de 4€+ gastos para estudantes, desempregados/as e maiores de 65 anos. De non esgotarse, 1h. antes de cada pase na billeteira do Teatro.

Aínda que nun comezo se indicou que o espectáculo do 22 de abril, Altsasu de La dramática errante, tería lugar no Pazo da Cultura, o evento terá lugar ao igual que o resto do ciclo no Teatro Principal


Unha nova edición do ciclo Ponteatro votará a andar este xoves 9 no Teatro Principal logo de esgotar os 60 abonos que se puxeron a disposición do público a través de Ataquilla.com. A gran aceptación deste formato na edición do outono de 2022 fixo que desta volta a oferta se ampliara de 50 a 60 bonos que, cun prezo de 32€ + gastos, daban dereito a gozar dos 6 espectáculos programados ata o mes de abril.

Miss Docet de Compañía Eléctrica será o primeiro deles, protagonizado por Iria Pinheiro. Talía, Redrum, Malasombra, etc serán algunhas das compañías que subirán ao escenario do Principal nos próximos meses para achegar, tal e como apuntou a concelleira de Cultura Carme Fouces na súa presentación “temáticas que teñen que ver coa denucia social, con discurso e mensaxes reinvindicativas. A memoria histórica, a política, o feminismo, a pedrastia, etc serán algún dos temas das 6 funcións. Ponteatro é un ciclo moi consolidado que achega as mellores compañías de teatro en galego e con representación do resto do estado”

Aínda que o ciclo está asociado ao xoves,  o derradeiro espectáculo Altsasu, terá lugar o sábado 22 de abril, tamén no Principal (nun comezo por erro se indicou que sería no Pazo da Cultura).

As entradas individuais para todo os espectácuclos do ciclo están a venda anticipadamente en Ataquilla.com con prezos populares de 8€ (4€ para estudantes, desempregados e maiores de 65 anos) e de non esgotarse, 1h. antes de cada pase na propia billeteira do Principal

9 de febreiro ás 21h. no Teatro Principal, Miss Docet de Compañía Eléctrica

O novo proxecto teatral da Compañía Eléctrica ten como protagonista a Emilia Docet, a muller coñecida por ser a “miss España galeguista”. Militante do Partido Galeguista, do que levaba unha insignia no peito cando se converteu en miss España, foi unha das participantes no Mitin das Arengas o 24 de xullo de 1934 en Compostela.

A interpretación de Iria Pinheiro guía esta peza de teatro documental no que a biografía de Emilia se entretece coa doutras mulleres silenciadas despois de 1936.

Como un desfile de voces, ecos e silencios, Miss Docet recupera desde a escena a potencia dunha xeración de galegas que viu truncada a súa historia por un golpe de estado ilegal, e contribúe á loita para evitar que os seus nomes e os seus pasos desaparezan das nosas memorias.

Texto orixinal: Iria Pinheiro e María Reimóndez 

Dirección: Vanesa Sotelo

Elenco: Iria Pinheiro

Duración: 75 minutos