Ponte Sampaio inaugurará o seu renovado parque infantil cunha festa para toda a cativada 

252
A actividade, da man de Rivel Animación, está programada para as 17.00 horas do sábado 4 de febreiro na mesma área infantil 

A  ampliación e reforma integral do parque infantil da área da Xunqueira de Ponte Sampaio e xa unha realidade que precisa de ser ‘inaugurada’ cunha festa para a cativada, usuarios principais deste espazo rehabilitado. A actividade, realizada por Rivel Animación, está programada para este sábado, 4 de febreiro, ás 17 horas, na mesma área infantil.

O proxecto de reforma incluía, dunha banda, ampliar a superficie de xogo do parque infantil co terreo no que se atopan os dous elementos de fóra do valado. A superficie dentro do valado é de 145 m2, e a de fóra de 80 m2, polo que o parque pasará a ter unha superficie total de 225 m2. 

Doutra banda, mudar o chan de caucho actual e ampliar á nova área; instalar un valado de madeira de 60 metros de lonxitude e 1 metro de altura, e retirar todos os elementos de xogo que foron substituídos polos seguintes:

  • Un barco 
  • Un carrusel xiratorio 
  • Un minitobogán 
  • Un xogo de resorte de dúas prazas 
  • Un bambán dobre

A obra, realizada polo Concello de Pontevedra, contou cun orzamento de 48.350,49 euros