A Concellería de Desenvolvemento Sostible pon en marcha as obras de restauración do parque infantil de Mollavao

44
  • O departamento que dirixe o socialista Iván Puentes destinou unha achega de 6.000 euros á execución desta intervención, que inclúe o arranxo do valado perimetral, a reposición de parafusos e tapóns, a substitución das cordas en mal estado e a limpeza integral e fresado do pavimento

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural acaba de poñer en marcha os traballos de restauración do parque infantil de Mollavao. O departamento que dirixe o socialista Iván Puentes destinou unha achega de 6.000 euros a esta intervención, adxudicada á empresa Eicros Gestión SL.

Entre as obras que se están a executar inclúese o arranxo de todo o valado perimetral da zona de xogos, coa dotación dun novo treito en madeira e o acondicionamento do restante; a reposición de elementos como parafusos e tapóns, e a substitución das cordas en mal estado de conservación. Ademais, estase a realizar unha limpeza integral do pavimento do parque, coa eliminación de malas herbas e o fresado co chan, co obxectivo de mellorar as condicións de amortecemento.