Charo López regresa a Pontevedra con ‘Verso a verso’ o sábado 4 de febreiro ás 21h no Pazo da Cultura

57


O recital, que conta co barítono Luis Santana e o mestre Víctor Carbajo ao piano, xa ten as súas entradas á venda en Ataquilla.com

Forma parte da programación en torno á exposición ‘A cidade é a pegada’, que en breve anunciará visitas guiadas para público en xeral e concertadas con escolares, asociacións, etc.


Logo do éxito da visita de Charo López, motivado pola inauguración da mostra ‘A cidade é a pegada’ o pasado mes de decembro, a afamada actriz protagonista de Los gozos y las sombras, regresará a Pontevedra, desta volta co seu recital ‘Verso a verso’.  O espectáculo, que terá lugar o sábado 4 de febreiro ás 21:00h. no auditorio do Pazo da Cultura, contará co barítono Luis Santana e Víctor Carbajo ao piano e as entradas xa están a venda anticipadamente en Ataquilla.com con prezo xeral de 12€ e reducido de 4€ para estudantes, desempregados e maiores de 65 anos

“Pasamos os días, os meses e os anos sen tomar conciencia do “aquí e agora”. Por iso hoxe, nestes tempos máis que nunca, Charo López tráenos o seu “Verso a Verso” nun precioso recital xunto ao barítono Luís Santana e acompañados ao piano polo mestre Víctor Carbajo. Lorca, Machado, Miguel Hernández, Santa Teresa de Jesús, etc. A poesía funciona como unha fotografía capaz de recoller en palabras, nun instante, nun golpe de luz, as imaxes que enfoca. Só a poesía salva do esquecemento. Unha nación, unha cultura poden reconstruír o seu pasado, presente e futuro na medida en que a poesía as retrata coas súas palabras.”

Visitas á exposición A cidade é a pegada

A mostra, que conta entre as súas 500 pezas cun apartadao sobre Los gozos y las sombras polo que supoxo a súa rodaxe na cidade a principios dos anos 80, pode ser visitada os luns, mércores, xoves e venres de 18 a 21h. Os sábados de 12 a 14h. e de 18 a 21h. Os domingos e festivos de 12 a 14h. Os martes, permanecerá pechada.

Conta con follas de Sala a disposición do público para mellorar a experiencia e en breve, ofertará  visitas guiadas tanto para público en xeral como para escolares e asociacións.