Música, maxia e xogos para despedir 2022 

23

A programación de Nadal do Concello de Pontevedra oferta na recta final do ano música, obradoiros, maxia nos barrios no centro da cidade. E dará a benvida a 2023 co tradicional concerto de Aninovo.

As propostas de lecer para os vindeiros catro días son as seguintes:

30 de decembro

  • 17.30 horas. Pasarela 12 de novembro. Obradoiros, música e animación de rúa de Nadal
  • 18.00 horas. Centro histórico. A luz do camiño

31 de decembro

  • 12.00 horas. Centro histórico. Rondalla do CC A Merced de Chaín.

1 de xaneiro

  • 19.30 horas. Auditorio Pazo da Cultura. Concerto de Aninovo. Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra

2 de xaneiro

  • 17.00 horas. Centro Sur. Pedro Volta. Un mago na lúa
  • 17.00 horas. Cons – Mourente. Soño.
  • 17.30 horas. Curros Enríquez. Obradoiros, música e animación de rúa de Nadal.

Tamén permanecen abertos o Poboado de Nadal na praza da Ferraría até o 7 de xaneiro; Pontexogo no Recinto Feiral e na Alameda até o 8 de xaneiro; e a XX edición de Pontenadal. Feira de Artesanía e Agasallo até o 1 de xaneiro na praza de España. Este último estará aberto de 11 a 14 e de 17 a 21.30 h. O día 31 de decembro pecha ás 20,30 horas. Esta feira organízase en colaboración con Zona Monumental.

Animación de rúa polo centro histórico.