Mosquera: “A licitación do Nó de bombeiros é unha solución que propuxo o Concello e que vai mellorar moitísimo a zona” 

17

Recordou que a licitación “tardou demasiado” pero “así remodelamos un enlace que o está pedindo a gritos dende hai moito tempo”. 

O concelleiro de Mobilidade xeral e Infraestruturas do Concello de Pontevedra, César Mosquera valorou esta mañá o anuncio do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana de que licita a reforma do nó de bombeiros. “Tardou demasiado, moito máis do que nos gustaría, pero agora xa se licita. Vaise levar adiante outra aspiración, outra solución que se propuxo dende o Concello que vai a mellorar moitísimo esa zona”, indicaba Mosquera.

Recordou que “o nó que hai no norte da autoestrada é moi disfuncional. Cando se fixo tiña moitos defectos, e era unha aspiración de hai moitísimos anos remodelalo”.

Explicou que a reforma ideal era trasladar a peaxe máis lonxe da cidade, “pero iso foi imposible. Agora o Ministerio faino, e así melloramos ese enlace que o está pedindo a gritos hai moito tempo”.