A publicación no BOE culmina o proceso de estabilización de 21 prazas de persoal laboral municipal 

32

O Concello de Pontevedra ratifica a súa intención de sacar adiante o Plan de estabilidade do persoal laboral ao saír publicado onte no Boletín Oficial do Estado (BOE) a relación de 21 prazas incluídas neste plan. As bases que rexerán a provisión destas prazas están publicadas no BOPPO do 19 de decembro e as persoas interesadas terán dende hoxe até o 18 de xaneiro para presentar toda a documentación que se require.

Este é un proceso que emana do Real Decreto-Lei de 14/2021 de 6 de xullo de medidas urxentes para a reducción da temporalidade no emprego público, onde se fixa que o persoal laboral contratado de antes 2016, pode optar a estabilización do seu posto de traballo.

No caso do Concello de Pontevedra, son 21 postos os que se atopan nesta situación e que agora se estabilizarán a través desta convocatoria que rematará o próximo 18 de xaneiro.

O Goberno Local quere felicitar á forza sindicai que o acompañou neste proceso e amósase satisfeito, especialmente, porque se trata de traballadores e traballadoras que levan ocupando estes postos municipais dende fai máis de 20 anos.