Benestar Social destinou unha achega de 15.000 euros a distribuír alimentos entre a poboación vulnerable de Pontevedra durante as festas do Nadal

21
  • Rexurdir Provincial, o Comedor de San Francisco, Cáritas, a Asociación O Mirador de Monte Porreiros e o Banco de Alimentos foron as cinco entidades beneficiarias desta iniciativa, desenvolvida en colaboración con Supermercados Froiz

A Concellería de Benestar Social destinou unha achega económica de 15.000 euros á distribución de alimentos entre a poboación máis vulnerable de Pontevedra durante as festas do Nadal. Rexurdir Provincial, o Comedor de San Francisco, Cáritas, a Asociación O Mirador de Monte Porreiro e o Banco de Alimentos foron as cinco entidades beneficiarias desta iniciativa, desenvolvida grazas á colaboración da firma Supermercados Froiz.

Tal e como explica o concelleiro socialista Marcos Rey, “coa finalidade de reforzar as accións impulsadas desde a Concellería de Benestar Social e de axudar a que aqueles que máis o precisan poidan pasar unhas mellores festas, acordamos a contratación de 15.000 euros en alimentos a Supermercados Froiz”. “Estes produtos alimenticios están a ser repartidos entre as entidades beneficiarias en locais previamente concertados con Froiz”, sinala Rey.