O concelleiro Marcos Rey clausura unha nova edición do programa Criar Felices na Casa Azul

75
  • Os obradoiros, impartidos de xeito gratuíto pola empresa de coaching Fuera de Caja desde o pasado 10 de outubro, contaron coa participación de 20 nais e pais, que aprenderon a reducir a sensación de estrés que experimentan, controlar os seus nervios e ansiedade e coidarse para ter máis enerxía e organizar mellor o tempo coas crianzas na casa

O concelleiro de Benestar Social, o socialista Marcos Rey, clausurou esta mañá na Sala Valdecorvos da Casa Azul unha nova edición dos obradoiros do programa Criar Felices, destinados a reducir os niveis de estrés das nais, pais ou coidadoras/es na crianza de fillos de 0 a 6 anos, impartidos de xeito gratuíto desde o pasado 10 de outubro pola empresa de coaching Fuera de Caja e nos que participaron 20 proxenitores. Ao longo destes tres meses, @s asistentes a este curso aprenderon a reducir a sensación de estrés que experimentan, controlar mellor os seus nervios e ansiedade, desfacerse do sentimento de culpa, entender mellor as súas emocións, coidarse para ter máis enerxía e organizar mellor o tempo coas crianzas na casa, e en definitiva, a sentirse máis felices e realizados e compartir esa felicidade coas súas familias. 


Tal e como lembrou Marcos Rey durante a clausura do programa, na que compartiu unhas verbas con seis nais participantes, “Criar Felices busca fomentar fundamentos estables nas familias, o correcto desenvolvemento infantil e a saúde emocional dos proxenitores, e está especialmente orientado ás familias que dispoñen de menos recursos, posto que é responsabilidade das institucións públicas fomentar a conciliación e corresponsabilidade entre homes e mulleres, garantindo a igualdade de oportunidades”.