O programa CaixaProinfancia renova a súa colaboración con Benestar Social e a Fundación Meniños para ofrecer máis oportunidades e integración social a 50 familias de Pontevedra

48
  • O concelleiro Marcos Rey participa na reunión da Mesa Institucional do programa CaixaProinfancia, na que se fixo balance do mesmo na nosa cidade e analizáronse a situación actual e os novos retos

O concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, participou esta mañá na Sala de Comisións do Concello na reunión da Mesa Institucional do Programa CaixaProinfancia de Pontevedra, na que se fixo balance dos resultados desta iniciativa solidaria na nosa cidade e analizáronse a situación actual e novos retos. O encontro contou coa asistencia do xefe do Servizo de Benestar Social, Carlos Muiños; a xefa de Sección da Oficina Técnica de Benestar Social, Ángeles Torres; a subdirectora xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado da Consellería de Educación da Xunta, Inmaculada María Fernández Teijeiro; a xefa de Servizo de Inclusión da Consellería de Educación, Ana María Alzate; a xefa de Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, Susana Castro; a directora administradora do Centro Sociocomunitario de Pontevedra, María Hortensia Gómez Rosal; a directora xeral da Fundación Meniños, Mónica Permuy; a coordinadora e referente da Rede CaixaProinfancia en Pontevedra, Aurora Coego; a responsable territorial de Fundación La Caixa en Galicia, Susan Santos; a da Área de Inclusión Social de CaixaProinfancia, Irene Parody, e a coordinadora territorial de CaixaProinfancia, Mayte Celeiro.


O programa CaixaProinfancia ten o obxectivo de romper o círculo da pobreza que se transmite de pais a fillos e ofrecer aos máis pequenos oportunidades de futuro, traballando para:


– Favorecer o desenvolvemento das competencias dos nenos e adolescentes e as súas familias, permitindo mellor os seus procesos de integración social e autonomía.


– Promover o desenvolvemento social e educativo da infancia e a adolescencia no seu contexto familiar, escolar e social.


– Desenvolver e implementar un modelo de acción social e educativa integral que contribúa a mellorar as oportunidades de desenvolvemento social e educativo da infancia e as súas familias.


– Contribuír a sensibilizar e mobilizar á sociedade na erradicación da pobreza infantil.


Marcos Rey asegurou que “a reunión serviu para subliñar a enorme importancia deste programa, co que queremos seguir a colaborar nos vindeiros anos e que nestes momentos axuda a unhas 50 familias de Pontevedra”.