Lores “contento” ante o “último impulso” da remodelación do nó de bombeiros “que levamos décadas demandando”

14

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores dixo esta tarde estar “contento” por ver o último impulso do proxecto da remodelación do nó de bombeiros “un proxecto que levamos décadas demandando e por fin vemos o último modificado”. O proxecto presentouse esta tarde na Subdelegación do Goberno de Pontevedra coa presenza do delegado do Goberno, José Manuel Miñones, a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, e o director de estradas do Estado na provincia, Pablo Domínguez. 

Acompañado do tenente de alcalde, Tino Fernández, e do concelleiro de Infraestructuras, César Mosquera, ademais doutros membros do Goberno Local, o alcalde afirmou que “de ter feito o proxecto no seu día, non sería preciso modificar o orzamento economicamente”, xa que na actualidade achégase aos 11 millóns de euros. De feito, lembrou que “hai un retraso importante nas infraestruturas que demanda a cidade”.

Dado que o proxecto atense ao proxectado hai seis anos, o alcalde recordou que supón unha mellora substancial” e atenderá a todos os tráficos da zona.