A nova imaxe corporativa do Concello, finalista dos Premios Paraugas 2022

39

A nova imaxe corporativa municipal é finalista dos VII Premios Paraugas, os premios da comunicación e do márketing de Galicia convocados polo Cluster da comunicación de Galicia, tal e como confirmou esta mañá a concelleira de Réxime Interior e Promoción da Cidade, Anabel Gulías.

A imaxe corporativa do Concello de Pontevedra creada por Cenlitrosmetrocadrado, compite na Categoría de Deseño, no Mellor deseño gráfico, xunto á identidade visual de Pepe Vieira de Desoños e co Proxecto editorial e rebranding da revista Tempos Novos de Daniel Pino – Atlántica da información e comunicación de Galicia.

Á gala, que se celebrará o vindeiro 18 de novembro en Expourense asistirá a concelleira de Promoción da Cidade e promotora do cambio da imaxe corporativa do Concello, Anabel Gulías e a concelleira de seguridade cidadá, Eva Vilaverde, xunto aos responsables de Cenlitrosmetrocadrado.

Anabel Gulías amosou esta mañá a “alegría” do Goberno local con esta candidatura, especialmente porque o cambio da imaxe municipal trataba de achegar máis o Concello á cidadanía, algo que se está a facer paseniñamente.

Máis info: https://premios.clustercomunicacion.gal/finalistas