Pontevedra rexeita a suba da Xunta dá taxa de tratamento dos residuos

18

En Pontevedra, a bonificación de Sogama pola reciclaxe e reducción de residuos era duns 230.000 euros, que o Concello repercute todos os anos aos veciños e veciñas. 

O Concello de Pontevedra rexeita a suba do recibo de tratamento de residuos proxectada pola Xunta de Galicia para 2023, que no caso do Concello de Pontevedra correspóndese cun 10%. A Xunta, ao retirar dos orzamentos xerais do ano que vén a bonificación que Sogama aplicaba aos concellos pola redución dos residuos e a reciclaxe, “retira os incentivos á compostaxe e á reciclaxe”, explicou o concelleiro responsable da xestión dos residuos municipais, Raimundo González. A aposta pola reciclaxe, en xeral, e a compostaxe en particular, é o cerne da nova Lei de residuos “que a propia administración autonómica e Sogama tiñan que fomentar”, apuntou.

Raimundo González manifestou que esta decisión “só se entende pola baixada de impostos programada para as grandes fortunas que compensarán coa suba da taxa de Sogama, que no caso de Pontevedra era duns 230.000 euros, e que o Concello de Pontevedra sempre repercutía nos recibos dos veciños e veciñas de Pontevedra”.