A alta demanda da consolidada actividade obrigou a desdobrar dous grupos, pasando de 6 a 8
A cativada actuará dentro do acto de Clausura do Salón do Libro como en anteriores ocasións
Vinculada ao Salón do Libro de Pontevedra, chega unha nova edicióndo Rocklab para traer a música ao mundo da literatura e cargala de Rock n Roll da man dos mais pequenos da cidade.
Como de costume, o equipo do Rock Lab achega unha proposta enfocada á creación de proxectos escénicos, audiovisuais e musicais onde nenas e nenos de 4 a 13 anos darán vida a historias únicas que pasarán só durante este curso 2022/2023.
Os proxectos do alumnado máis veterano estarán enmarcados nos “Contos eléctricos” e a Banda do Rocklab, pero no resto de actividades – Jumanji, Invasores Espaciais e os 4 grupos de Historias Grunjes – haberá novidades e segundo avanza o profesorado con Gonzalo Maceira e Violeta Mosquera á cabeza “gústanos o risco, por iso este ano enlazamos todos os obradoiros nunha soa historia que faremos en directo coordinando todos os obradoiros nun só, celebrando a clausura do noso querido Salón do libro do que aínda non podemos revelar a temátiva. O que si revelamos, é que haberá moita innovación musical, moita percusión, risas, crítica social e como non… moitísimo Rock n’ Roll!”
JUMANJI – GRUPO 1 – de 4 a 5 anos. Data: Luns de 16:00 a 16:50
Un grupo de nenxs atrapadxs na selva de Borneo por atreverse a xogar a un vello xogo agochado nun soto dunha vella casa. Ritmos tribais e unha viaxe por Sudamérica cargada de cumbia, melodía e sabor!!!!
INVASORES ESPACIAIS – GRUPO 2 – de 5 a 6 anos. Data: Mércores de 16:00 a 17:00
As vivencias dentro de viaxeirxs interestelares que percorren o espazo en busca de propostas culturais noutras galaxias lonxanas. Música de videoxogos e sons electrónicos para entreterse mentres se viaxa no tempo a velocidade da luz.
HISTORIAS GRUNGES I (desdobrado) GRUPO 3 (A e B) – de 7 a 8 anos Data: Luns de 17:00 a 18:00 e o outro grupo de 18 a 19:00
Os anos 90…. que dicir máis que un momento especial para a emerxencia de bandas tan influíntes coma Nirvana, Pearl Jam, Pixies… etc e que tanto nos influíron a todxs.
Unha orquestra de alumnxs dará vida a unha reinterpretación de cancións destas bandas que nos chegaron ao máis profundo do noso corazón no seu día, e seguen vivindo en nós a día de hoxe.
HISTORIAS GRUNGES II – (desdobrado) GRUPO 4 (A e B) – de 8 a 9 anos. Data: Mércores de 17:00 a 18:00 e outro grupo de 18 a 19:00
Efectivamente… unxs viaxeirxs interestelares chegaron pensando que a súa música era avanzada, pero descubriron que nos anos 90 as videoconsolas chegaron forte cos sons de Atari, Sega e Nintendo. Un repaso de bandas de Rock, sons de videoxogos e sons de 8 e 16Bits daquela época dourada
CONTOS ELÉCTRICOS – Grupo 5 de 9 a 10 anos. Data: Luns de 18:30 a 19:50
Unha vez máis o alumnado do Rocklab fai un equipo para crear cancións baseándose na obra dos autores homenaxeados deste ano do Salón. Baterías, guitarras e baixos eléctricos, sintes e voces e unha serie de cancións únicas e irrepetibles compostas polos propios alumnos do noso Rocklab
A BANDA DO ROCKLAB – GRUPO 6 – de 10 anos en adiante. Data: Mércores de 18:30 a 19:50
Unha aposta de creación propia. Composición e gravación de temas, concertos e moito máis da man dxs nosxs alumnxs máis veteranxs e xs nosxs maiores representantes