O Local social do Rañadoiro, na parroquia de Ponte Sampaio, vén de estrear un novo acceso e zona verde que o converte nun espazo de estancia e mellora, substancialmente, a contorna e as entradas ás vivendas da veciñanza. O Concello investiu 26.892,97 euros nesta actuación que pretende estender a política municipal de trasladar os estándares de calidade aos núcleos rurais do concello.
O centro cultural do Rañadoiro foi inaugurado en 2010 e dispoñía na súa entrada duns xogos infantís que estaban obsoletos e deteriorados. O proxecto de reforma incluíu a retirada destes elementos e acordouse non volver a repoñelos porque o espazo no que se atopaban non cumpría a normativa actual para a instalación de parques infantís.
Polo tanto, decidiuse a creación dun acceso ao Local social empedrado en pedra e dunha nova zona verde axardinada, que dispón de bancos , árbores e flor que converte ao lugar nun espazo de encontro e descanso para a veciñanza, xusto na entrada da instalación municipal.
A actuación completouse coa instalación dun valado de madeira, substituíndo ao metálico existente, a mellora da fonte do lugar que se respectou no proxecto final e a limpeza de toda a contorna que tiña maleza
Zona de estancia Local Social Rañadoiro. Zona de estancia Local Social Rañadoiro. Zona de estancia Local Social Rañadoiro. Zona de estancia Local Social Rañadoiro. Zona de estancia Local Social Rañadoiro. Zona de estancia Local Social Rañadoiro. Zona de estancia Local Social Rañadoiro. Zona de estancia Local Social Rañadoiro.