Pontevedra acollerá o Congreso Nacional de Deseño, unha cita que congregará a máis dun cento de persoas especialistas neste eido

60
O evento levarase a cabo durante dúas xornadas, e incluirá mesas redondas, debates, exposicións e conferencias; os días 21 e 22 de outubro
O Edificio Castelao será a sede principal desta xuntanza, se ben Santa Clara tamén abrirá as súas portas para funcionar como escenario tamén 

A edil de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, participou esta mañá de martes, 11 de outubro, na presentación do Congreso Nacional de Deseño que a Boa Vila acollerá entre o 21 e o 22 de outubro. No acto estivo acompañada de Uqui Permuy, deseñadora galega e presidenta da READ, e de Xosé García, presidente da Asociación Galega de Deseño (DAG).

«Non é un segredo que neste Concello temos un especial interese no deseño e na súa importancia, de como as administracións debemos entender de xeito necesario e imprescindíbel profesionalizar o deseño e poñelo en valor, valar deste como un sector profesional e completo, cun desenvolvemento económico realmente importante; e como a través do deseño as cidades poden ser mellores», sinalou Gulías. «Hai tempo recibimos a chamada para propoñer que o encontro nacional de deseño do Estado fose en Pontevedra, baixo un lema que nos presta especialmente: Cidades imaxinadas, cidades deseñadas»

A concelleira confesou que unha vez comentada esta posibilidade, de que a Boa Vila fose escenario desta xuntanza, soubo que era algo que podía «encaixar como unha pera» na programación da cidade. «Ter representantes de todas as asociacións de deseño, compartindo, traballando e partillando na nosa cidade é moi importante desde dous puntos de vista: o primeiro, poñer no mapa o sector; o segundo, ver como estes congresos enchen a cidade de beneficios. Estou segura que deste evento lograremos crear non prescritores da cidade, senón embaixadores e embaixadoras».

As organizadores do evento, lembran que Pontevedra «persegue unha fonda mellora do medio ambiente e alcanzar unha alta calidade urbana en todas as súas facetas» o que a converteu «nun exemplo de ‘Modelo de cidade centrado na persoa’», sendo os seus logros foron «recoñecidos internacional e nacionalmente, situándoa como unha cidade pensada por e para a cidadanía».

A programación desta xuntanza entre deseñadores será presencial, a través de conferencias, mesas de traballo, mesas redondas e debates. Porén, Uqui Premuy lembrou que este ano, a cidade de València é a Capital Mundial del Diseño 2022, polo que «este ano, incorporamos unha experiencia diferente e imos poder estar tamén en Valencia de forma virtual. Durante en encontro poderase ver en directo todo o que sucede en Pontevedra, na Ágora, o pavillón efémero da Capital Mundial do Deseño. Deste xeito compartimos experiencias cun público máis amplo e coa propia cidadanía».

O programa completo pode ser consultado a través da páxina oficial do evento https://designread.es/10enad/ e inclúe a participación de diversos perfís profesionais, referentes nos seus eidos, como o caso de Teresa Táboas, Montse Rodríguez Ogea, Tamara Pérez e Guillermo Parada, Pablo Sendra ou Inés Novella; entre outros.

O Edificio Castelao será a sede do evento, situándose como o escenario principal do mesmo, se ben Santa Clara tamén acollerá parte do programa. A día de hoxe, e segundo o comentado por Premuy, hai inscritas preto dun cento de persoas.