Todas as parroquias do rural pontevedrés contarán con obras de mellora ao longo dos vindeiros meses

355
A metade das parroquias do municipio inician estes días actuacións de rehabilitación, namentres a outra metade xa as teñen comezadas e avanzan a bo ritmo
En total, o Concello de Pontevedra calcula que investirá até final de mandato máis de 100 millóns de euros nas parroquias  

O edil e coordinador do rural, Alberto Oubiña, compareceu esta mañá en rolda de prensa para dar conta das actuacións que se están a desenvolver no rural de Pontevedra, nas súas parroquias. Durante o último semestre do ano, entre outubro e decembro, o Concello executará obras por valor de máis de sete millóns de euros —rehabilitación, pavimentación, reconstrución, mellora das redes pluviais e de saneamento, cambio de luminarias, etcétera…—.

«Ao longo dos últimos días foron pavimentadas diversos viais, nos que se realizaron proxectos de abastecemento de auga como é o caso dos proxectos de Lourizán desde Lérez, e Salcedo até Lérez», sinalou Oubiña. «Nos vindeiros días serán realizados os pavimentados dos proxectos de Marcón e Tomeza desde Lérez»

Son proxectos que tiveron certa dificultade, tal e como explicou o edil, por mor da falta de subministracións, pero que finalmente puideron «ser programados e están a ser realizadas ao ritmo máis rápido posíbel». Doutra banda, Oubiña lembrou que está posto en marcha tamén un proxecto de máis de 3 millóns de euros que actúa en sete parroquias de Pontevedra.

Alén das nomeadas, o edil explicou que se realizarán novas actuacións de todo tipo por valor de máis de medio millón de euros, o que fará que todas as parroquias do municipio conten con obras ao longo das vindeiras semanas, as cales mellorarán a calidade de vida dos veciños e as veciñas destas zonas. A continuación é posíbel consultar cales son estas actuacións, onde se realizarán e o seu orzamento:

 Lourizán

  • Mellora da rede de drenaxes do acceso do Sartán e o Rozo (47.862 euros)
  • Mellora da mobilidade e da seguranza viaria no Rial, A Meán e rúa Liñares (455.190 euros)

Salcedo

  • Mellora da plataforma de accesos no Carramal (28.734 euros)
  • Pavimentación de accesos en San Brais, O Xistro e A Torre (29.643 euros)

Marcón

  • Mellora nas sinalizacións do núcleo de Pintos (25.900 euros)
  • Rehabilitación do acceso do muíño de Riba á EP-0004 (48.000 euros)
  • Núcleo de centralidade de Marcón (564.248 euros)*
  • Mellora da accesibilidade e seguranza viaria na Peralba (564.248 euros)

Mourente

  • Pavimentación da rúa do Meixoeiro (26.019 euros)
  • Mellora da contorna do lavadoiro dos Areás e conexión con Monte Porreiro (entra dentro do contrato de mantemento)
  • Mellora das redes de drenaxes en Cons (18.769 euros)
  • Mellora da accesibilidade e seguranza viaria desde O Pazo até Carabelos (437.460 euros)

Santo André de Xeve

  • Pavimentación de acceso de Couso á Bouza de Raxó (47.828 euros)

Santa María de Xeve

– Acondicionamento de acceso dos Fontáns (S. André) a Maúnzo (47.600 euros)

Lérez

  • Pavimentación de accesos en Couso (42.217 euros)
  • Pavimentación de accesos en Casal Novo (24.666 euros)
  • Medidas de calmado de tráfico e mellora da sinalización na subida ao Castelo (47.699 euros)
  • Mellora da accesibilidade e seguranza viaria no Ramallás (386.897 euros)

Campañó

  • Pavimentación de accesos aos núcleos de Riveiro e Casal do Rei (47.450 euros)
  • Mellora da accesibilidade e seguranza viaria nas vías de acceso a Ferreiros, Carballiños, A Pedreira e O Piñeiro. Estacionamento local social de Sabarís (432.596 euros)

Bora

  • Reconstrución de muro de sostemento no camiño do Tombo (47.795 euros)
  • Mellora de accesos na Corval (24.803 euros)

En varias

  • Actuacións de calmado de tráfico en Moldes (Campañó), A Ferreira (Lérez), A Canicouva e outros. (46.217 euros)
  • Mellora da accesibilidade e seguranza viaria nos accesos a Cacheiro (Canicouva) e As Laceiras (Ponte Sampaio) (742.969 euros)
  • Substitución do alumeado LED e mellora da eficiencia enerxética nas parroquias de Alba, Campañó e Cerponzóns (1.452.078 euros)
  • Substitución do alumeado LED e mellora da eficiencia enerxética nas parroquias de Santa María, Santo André e Verducido (1.236.062 euros)

«Este lote, ao que se lle incorpora o núcleo de centralidade de Marcón supón un investimento por parte do Concello de Pontevedra de máis de medio millón de euros neste tramo final do ano, ao que de seguro se lle sumarán máis actuacións no que resta de ano», finalizou Oubiña. «O compromiso do Concello é rematar este mandato cun investimento de máis de 100 millóns de euros no rural do municipio».