A Concellería de Promoción Económica abrirá entre os días 10 e 11 de outubro o prazo para solicitar postos no tradicional mercado de flores da festividade de Tódolos Santos

65

A Concellería de Promoción Económica abrirá entre os vindeiros días 10 e 11 de outubro, nas oficinas situadas na Casa da Luz (no 2º andar, en horario de 10:00 a 12:00 horas), o prazo para solicitar postos no tradicional mercado de flores da festividade de Tódolos Santos. En base a instrución pola que se determinan as condicións para a adxudicación de postos de venda na Praza da Ferrería para as xornadas do 30 e o 31 de outubro, os postos adxudicaranse por orde de solicitude, ata agotar o número de prazas dispoñibles, ofrecéndose a seguinte relación de postos: un total de 40, dos que 8 son de 2 metros cadrados, 14 de 4 metros cadrados, 6 de 6 metros cadrados, 7 de 8 metros cadrados e 5 de 10 metros cadrados.

Tal e como explica a concelleira socialista Yoya Blanco, “os solicitantes deberán aboar a correspondente taxa por ocupación de vía pública e presentar no Rexistro Electrónico do Concello de Pontevedra ou nas oficinas de asistencia ao Rexistro, situadas no número 30 da rúa Michelena, a solicitude debidamente cumprimentada e maila liquidación da taxa polo número de metros a ocupar”. “O prazo de presentación de solicitudes no Rexistro -aclara a edil de Promoción Económica- finaliza o día 21 de outubro”.