Benestar Social e Acolle impulsan uns talleres de Formación de Habilidades Memorísticas para Persoas Maiores nunha ducia de parroquias e barrios de Pontevedra

110

A Concellería de Benestar Social e a asociación de residencias e centros de anciáns Acolle desenvolverán a partir do 10 de outubro nunha ducia de parroquias e barrios de Pontevedra uns talleres de Formación de Habilidades Memorísticas para Persoas Maiores. A actividade está orientada a maiores de 60 anos que non teñan problemas de memoria vencellados a ningún tipo de demencia, tendo un carácter preventivo e buscando que os participantes poidan exercitar a súa memoria para mantela activa o maior tempo posible, así como xuntarse e pasar un bo rato.


As inscricións nos talleres deberán xestionarse directamente a través das asociacións veciñais e culturais das diferentes parroquias e barrios coas que colaboran o colectivo Acolle e o Concello, participando neles Estribela, Mourente, Ponte Sampaio, Bora, Marcón, Salcedo, Tomeza, A Parda, Centro Sur, San Roque, Lérez e Casino Mercantil.

Cada grupo terá entre 15 e 20 participantes, en función do aforo da aula. Os horarios e días de desenvolvemento dos obradoiros serían os seguintes: