O Concello comeza a instalación da nova iluminación led en Cerponzóns, Campañó e Alba que permitirá aforrar 187.000 euros ao ano en luz 

137
Logos cabeceira Axudas IDAE FEDER

O investimento do Concello en eficiencia enerxética e mellora lumínica é unha constante nos últimos anos. Até o de agora o investimento superou os 4,6 millóns de euros.
Busca reducir o consumo pero, sobre todo, paliar o cambio climático, rebaixar as emisións de CO2 á atmosfera e trasladar os estándares de calidade de vida do ámbito urbano ao rural. 

Nas tres parroquias o Concello inviste 1,4 millóns de euros para cambiar 2.135 luminarias, liñas e cadros de mando. 

O Concello de Pontevedra iniciou esta semana a instalación da nova iluminación led nas parroquias de Campañó, Alba e Cerponzóns, un proxecto de 1,4 millóns de euros de mellora lumínica e eficiencia enerxética. Traslada os estándares de calidade da cidade ao rural pontevedrés e supón un aforro de gasto enerxético de 958.999 kWh/ano (76%) e un aforro do consumo de 187.004 €/ano.

Este proxecto está subvencionado nun 80% do programa operativo FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) de crecemento sostible 2014-2020 para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono. Esta axuda está xestionada no Goberno de España a través do IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía). A contía fnanciada é de 1.283.314,60 euros.

O investimento redunda nos obxectivos que persegue o Goberno local de máis verde (obxectivo medio ambiental) e redución da factura. As tres parroquias súmanse agora ao proxecto global do rural de mellora de eficiencia enerxética que xa está implantado en Ponte Sampaio, Canicouva, Bora, Lourizán, Santa María e Santo André de Xeve, Verducido, Marcón e Mourente. Polo de agora, o investimento superou os 4,6 millóns de euros. 

Ao respecto das parroquias que agora inician o cambio de iluminación a led, o Concello adxudicou o proxecto á empresa Setga por 1.452.078,82 euros. Supón a substitución de 2.135 unidades de luminarias a led de 30W, a adecuación das liñas e a instalación de 35 novos cadrados de mando axustándose á normativa vixente. 

Ademais, o contrato inclúe unha garantía de mantemento e conservación das instalacións de 5 anos. As características enerxéticas do proxecto son as seguintes: 


AntesAgora
UNIDADES21352135
POTENCIA MEDIA140 W30 W LED
CONSUMO1.252.391 kWh/ano293.391 kWh/ano
GASTO ENERXÉTICO244.216 €/ano57.211 €/ano
AFORRO CONSUMO958.999 kWh/ano (76%)
AFORRO ENERXÉTICO187.004 €/ano
AFORRO MANTEMENTO60.847 €/ano
AFORRO TOTAL247.852 €/ano
AMORTIZACIÓN5,9 anos

Das quince parroquias do rural, o Concello ten pendente actuar en Salcedo, Tomeza e unha parte de Lérez. Este última parroquia contratarase en breve. 

Polo de agora o investimento global supera os 4,6 millóns de euros o que supón un aforro enerxético de 2.748.926,62 kWh/ano e un aforro de consumo de 398.394,63 euros. 

Proxecto No luminarias Aforro % Aforro (kWh/ ano) Aforro (euros) Orzamento proxecto
Ponte Sampaio 30775 %168.25628.000140.000
Canicouva, Acevedo, Rañadoiro 46078 %201.94029.887,12197.66
Bora 50179 %216.00031.968209.856
Lourizán43876 %170.224,9225.193,29217.871
Verducido, Santa María e Santo André de Xeve 188768 %676.720,21100.154,591.319.655
Marcón e Mourente 
207069 %674.317,4499.813,781.228.474,45
Campañó, Cerponzóns e Alba 213566 %641.368,0583.377,851.325.738,22
Total
7.7982.748.926,62398.394,634.639.256,76

O cambio da tecnoloxía de iluminación “é unha loita contra o cambio climático”, explicou o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores na visita que fixo este verán a Marcón para coñecer os novos cadros de mando da iluminación pública instalados no rural: modernos, estéticos, herméticos e moito máis prácticos que os actuais. 

O alcalde tamén lembrou que “Pontevedra é un dos concellos máis avanzados neste eido, pois este cambio tamén se realizou en todas as vías de entrada á cidade, no barrio de Monte Porreiro e, neste ano, vai todo o sur da cidade; e no futuro seguiremos contribuíndo nesta loita contra o quecemento global e o cambio climático, que é unha das prioridades deste Concello, e que vai da man do modelo urbano, a redución de tráficos e as redución das emisións no centro da vila».

Segue o proceso de adxudicación aquí:

https://contrataciondelestado.es/wps/portal/!ut/p/b1/hZBBC4JAEIV_kcy4u051NFdXo9I0LfciQiYLWZeI6NenQpcgm9uD7703PNBQWjYnLkgwQjiCvtYP09Z3c7vWFyhB61nlFv7OjRYcVZr4yJbpjEQQ9xKh6Oqn6cyrOcEeSm8I0FQJP_a8IGQ4z7hEtpZ5TuEgWQ-UPYA_zsXR_6sQP36He6JYFQllkUKMwkCuc9tBxeif_wB6RKYSRmDqxekShG1465rv8eJl2m-xSjb7RDEbkYbFJHTaWDo9Z5Gl2je2vlEM/