Igualdade cancela a Foliada Diversa prevista para este domingo no Campiño de Santa María por mor do mal tempo

23

As intensas choivas previstas para esta fin de semana levaron á Concellería de Igualdade de Pontevedra a adiar a Foliada Diversa organizada para o domingo 11 de setembro no Campiño de Santa María en colaboración coa Asociación Cultural Trépia, no marco do programa de fomento da diversidade sexual e de xénero Vermús de Pinto e Maragota. Segundo explica a concelleira socialista Yoya Blanco, o evento, co que se pretende mergullar aos asistentes nunha festa que mestura a tradición cultural con elementos de reivindicación, “trasladarase a unha nova data por determinar, en canto as previsións meteorolóxicas sexan as axeitadas”.


O espectáculo proposto está pensado para tódalas idades e inclúe a interpretación de xotas, muiñeiras e alalás.