O Concello anima a Lydia Pérez que participará nos Mundiais de Loita olímpica en Belgrado

4

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o tenente de alcalde Tino Fernández recibiron esta mañá na Alcaldía á loitadora Lydia Pérez, que vén de realizar unha gran tempada ao acadar o título estatal máis o bronce nos Xogos do Mediterráneo. 

O seu próximo obxectivo é o Mundial de loitas olímpicas que se celebrará proximamente en Belgrado e do que agarda estar nas fases de clasificación. Ademais, permitiralle coñecer o nivel do resto de competidores, xa que a súa aspiración é participar nos Xogos Olímpicos 2024 de París.

O alcalde animouna a seguir trallando con esta constancia e “a que siga poñendo o nome de Pontevedra no mundo”, por iso asegurou que “estamos moi orgullosos dela e do seu adestrador porque elevan o nivel da Loita en Pontevedra e no CGTD”.